Ribadeo, 9 de abril de 2015. O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves a importancia de Ribadeo “como porta de entrada a Galicia, un municipio con moitas posibilidades que ata agora o alcalde non soubo aproveitar” e que ten “unha grande proxección no comercio e o turismo”.
Besteiro e o secretario xeral da provincia de Lugo, Juan Carlos González Santín, asistiron á presentación da candidatura dos socialistas ao Concello de Ribadeo, liderada por Roberto Ramos. “Con Roberto daremos ao municipio o impulso cualitativo que precisa”, asegurou o líder do PSdeG, que definiu ao novo candidato á alcaldía como “unha persoa de éxito” ata agora nas iniciativas privadas que por tanto “non chega á política para servirse dela, senón para servir aos vecinos”. Así, lembrou iniciativas impulsadas por Ramos como o Festival Indiano ou o Entroido, actos organizados “sempre pensando nos comerciantes e respaldado pola sociedade”.
Pola súa parte, Santín destacou na súa intervención que “Roberto Ramos e a
súa candidatura reúnen o que teñen que reunir, modernización e ambición” para cambiar as políticas no Concello. “Ribadeo ten moito que ofrecer e hegou o noso momento, pois non queremos políticas de promesas como nos ten
acostumados o Partido Popular e como ben saben na Mariña”, afirmou.
Así mesmo, Ramos aseverou que asume o compromiso co proxecto socialista
“con ilusión, respecto e responsabilidade, cunha lista plural, integradora e renovada ao 90% con persoas que representan a todos os sectores da nosa vila, once mulleres e nove homes dispostos a defender un proxecto de gobernabilidade solvente”.
“Loitar contra o 20% de paro que azouta Ribadeo é sen dúbida un dos nosos obxectivos prioritarios, pero tamén queremos abrir as portas do Concello para que os veciños poidan participar activamente na vida municipal”, engadiu Ramos, que prometeu a posta en marcha “dun Consello Cidadán para trasladar as necesidades dos ribadenses ao equipo de goberno”.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



