14 de abril de 2015.- Organizado pola Asociación de consumo ecolóxico Karrikanta e a Asociación Airiños do Xunco de Cervo , coa colaboración do Concello de Cervo , duranrte os dias 14 e 15
estará na Mariña o medico e divulgador sanitario D.ANTONIO PALOMAR. para presentarnos e falarnos de alimentación intelixente e cociña saudable.
Antonio Palomar (Getxo, 1959) é médico e divulgador sanitario. Desde fai 30 anos imparte conferencias e cursos sobre nutrición, alfabetización emocional e educación para a saúde. Colaborou coas revistas Integral e Natura Medicatrix e co xornal Diagonal. Desde 1986 traballa en Sumendi, asociación pola autoxestión da saúde. É coautor de Psicópolis (Kairós). En Txalaparta publicou La despensa de Hipócrates. Los poderes curativos de los alimentos, La sabiduría de Higea. El poder curativo del cuerpo y Alimentación inteligente y cocina saludable.
Antonio Palomar estará na Mariña para falarnos do como e do que desta alimentación intelixente cunha cociña saudabel.
O día 14 ás 20.30 h. na LIBRERIA BAHIA de FOZ . presentación do libro
O día 15 ás 19.00h. no SALÓN DE PLENOS do CONCELLO de CERVO nunha CHARLA – COLOQUIO que rematará cunha cea co autor .
As persoas interesadas en participar na cea poden poñerse en contacto no tlfno do “Almacén” en Cervo : 982 557836.