Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA EN HONRA A SAN ISIDORO os vindeiros 18 e 19 de ABRIL, con arranxo ao seguinte programa:
SÁBADO, 18 DE ABRIL
13.00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
14.00 horas.- Sesión Vermú con “LEMBRANZA”.
15.00 horas.- Xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente no xantar hai que chamar ao tfno: 646647619.
17.00 horas.- Verbena con: “LEMBRANZA” e “FENIX”. Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile.
DOMINGO, 19 DE ABRIL
10.00 horas.- Ruta de Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella”, organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na Ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao teléfono 982 16 93 49.
14.00 horas.- Sesión Vermú con “LEMBRANZA”.
17.00 horas.- Despois de xantar, baile e verbena con “LEMBRANZA”.
A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos dous días da festa.
A Comisión quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.
San Isidoro de Monte/Xove, a 13 de abril de 2.015
Antonio Paleo Riveira,
Asociación Cruz de Loureiro