Lourenzá, 29 de abril de 2015.- O pleno da corporación municipal de Lourenzá aprobou a modificación da ordenanza reguladora da venda ambulante para poder recuperar o Mercado das Prazas. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, prevé que o primeiro desta nova etapa poida celebrarse en xuño.
A rexedora municipal explicou na mañá deste mércores que “no de día de onte celebrouse un pleno extraordinario no que o punto principal era o sorteo público para a elección dos membros das mesas para as eleccións municipais, que é o motivo polo que se celebrou esta sesión. E aproveitamos para propoñer dende o grupo de goberno a modificación da ordenanza reguladora da venda ambulante nos mercados para adaptala e así poder celebrar os Mercados das Prazas, que temos previsto facer nos vindeiros meses. A idea é que, despois de publicarse esta modificación da ordenanza, aproximadamente polo mes de xuño poidamos celebrar xa o primeiro Mercado das Prazas”.
Emma Álvarez especificou que “nestes mercados periódicos dominicais soamente se vai permitir vender produtos da horta ou agrícolas, todos eles colleitados na comarca onde se integra Lourenzá, preferentemente do noso concello. Tamén terán cabida neste mercado produtos alimentarios de calidade resultantes dalgunha transformación artesanal; e ademais aqueles outros que, aínda que non sexan de alimentación, resulten dun traballo artesanal feito en Lourenzá ou nas zonas limítrofes. Ademais permítense pequenos animais domésticos, sempre e cando se cumpra a normativa vixente. Outro dos puntos modificados na ordenanza é o relativo aos stands, que serán facilitados polo propio Concello de Lourenzá. Tamén establecemos os días que se vai celebrar o mercado: será o primeiro e o terceiro domingo de cada mes. E o horario será de 9 da mañá a 2 da tarde. As persoas que queiran ser titulares dos postos terán que presentar no Concello o anexo 1 da ordenanza cuberto e o requisito principal é estar dado de alta na Seguridade Social no réxime correspondente e estar tamén legalmente establecido, segundo a regulación e lexislación aplicable. Establecemos prioridade para acceder aos postos no mercado a aquelas explotacións sitas no propio concello e nestes stands venderanse produtos colleitados ou feitos na nosa comarca. E poñemos unha pequena limitación, xa que soamente poderá haber 5 stands do mesmo produto; o que queremos con isto é que haxa variedade, porque consideramos que desta maneira o mercado resultará máis atractivo e así serán máis as persoas que se acheguen a Lourenzá. Isto quere dicir que se hai 10 stands non poden ser todos de fabas, nin de mel, nin de produtos de horta, nin de zocas, por exemplo. Gustaríanos que foran variados e por ese motivo poñemos esta cláusula”.
A alcaldesa engadiu que “as persoas que queiran vender no mercado, aparte de anotarse unha que vez saia publicada esta modificación da ordenanza, terán que estar ao día coa normativa que lles corresponda ter a cada un deles. A asignación dos postos será por concorrencia competitiva e será o Concello o encargado de asignar os distintos stands. As persoas que sexan do concello de Lourenzá terá a titularidade permanente dos postos e os que veñan de fóra poderán telo como máximo por un ano, podendo optar á reelección para o seguinte ano se non se presentan outros produtores que teñan máis puntuación. Á hora de asignar estes postos terase en conta en primeiro lugar a data de solicitude; en segundo, o lugar de enclave da explotación; e en terceiro lugar, o xénero ou as variedades que se van comercializar. As persoas que sexan adxudicatarias dos stands terán que cumprir unha serie de normas, entre elas asistir a todos os mercados e soamente se vai permitir que deixen de facelo tres veces seguidas ou catro alternativas sen xustificación. Desta maneira o que pretendemos é que a xente que por algunha causa de forma maior non poida vir un domingo ao mercado que avise no Concello para que se poida cubrir o seu sitio con outro produtor que estea en lista de espera. Os produtores terán que montar estes stands, que son moi fáciles de instalar e que lles serán entregados por persoal do Concello o mesmo día unha hora antes de que se inicie o mercado”.
A rexedora rematou comentando que “o Concello ten a obriga de garantir o asentamento deste mercado e por iso ten que facer todas cantas medidas estean na súa man para facer posible que volva rexurdir o Mercado das Prazas co mesmo esplendor, ou polo menos algo parecido, que tiña en antano. Hai que ter en conta que desta maneira estamos promocionando eses excedentes de produción agraria e tamén a vida no noso concello, posto que con esta medida non soamente os produtores van poder ter beneficios senón que tamén consideramos que as persoas que veñan mercar á vila tamén irán aos comercios e aos bares e restaurantes do pobo. Consideramos así que esta é unha maneira de dinamizar o concello de Lourenzá e esperamos pois que haxa moitos interesados e unha vez que teñamos estes stands cubertos que sexa necesario facer outros máis, porque estes sexan poucos”.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



