Burela, a 18 de abril de 2015.- O Partido Popular de Burela comenza este venres unha segunda ronda de reunións con asociacións e colectivos co obxectivo de explicarlles o contido do programa electoral co que vai concurrir ás vindeiras eleccións municipáis.
O actual alcalde e candidato á reelección José María González Barcia lembrou que “hai algo máis de un mes xa mantivemos unha serie de reunións con asociacións e colectivos, e tamén con veciños polos distintos barrios de Burela, para recoller aportacións para o noso programa electoral. Reunións ás que, por certo, acudiran moitas asociacións e veciños. Por eso o noso programa será totalmente participativo, xa que integra moitas das aportacións que nos foran feitas”.
“Nesta segunda ronda de reunións, indicou González Barcia, centrarémonos prefentemente en explicar os grandes obxectivos do noso progama, por un lado, e en explicar os retos que temos para os distintos colectivos e asociacións. Confiamos que a asistencia tamén sexa importante, como o foi na primeira ronda de conversas”.
O vindeiro luns día 27 Barcia e os demáis membros da candidatura e da dirección local do partido volverán a manter reunións con máis asociacións.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



