Ribadeo, 18 de maio de 2015.- De éxito rotundo cualificou a concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, a décima edición do concurso gastronómico Ribadeo de tapeo, que concluíu este domingo. Durante os dez días de duración desta cita vendéronse arredor de 60.000 tapas.
A edil nacionalista dixo que “Ribadeo de tapeo foi, por décimo ano consecutivo, un éxito rotundo. Foino porque apela á nosa cultura, aos nosos costumes, á tradición de compartir, cun viño e algo de comer, a conversa e a amizades. Ribadeo de tapeo, é sen dúbida algunha o noso mellor escaparate gastronómico e as receitas deste ano volveron pór de manifesto a calidade e orixinalidade dos nosos/as profesionais e dos locais hostaleiros do noso concello, que entre eles e a grande cantidade de público que se achegou durante estes 10 días foron os que propiciaron este éxito”.
Martínez subliñou que “houbo unha grande participación de público, quizais acompañada polo bo tempo que tivemos estes días para disfrutar do tapeo. E durante estes dez días vendéronse unhas 60.000 tapas”.
A concelleira de Desenvolvemento Local felicitou “a todos os locais participantes, sen excepción, porque todos foron gañadores. Todos eles puxeron ilusión e teimosía, e souberon achegar aos clientes propostas atractivas. Queremos tamén agradecer ao xurado que fixo posible este evento e que se prestaron a exercer de xurado avaliador e que facilitaron a escolla final”.
Xurado – Quenda Preselección
Ana Martínez Arruñada,profesora de Hostalería de Foz
Miguel Angel Sánchez Méndez , especialista e profesional da hostalería
Héctor González Fernández , profesor de Hostalería
Agustín Carro Loureiro , profesor de Hostalería
Martínez indicou que “este xurado fixo unha escolla de 12 tapas do total de 51, que logo outro xurado xunto co anterior fixo a escolla final. Tamén grazas a todos eles”.
Xurado – Quenda Final, estivo composto por:
Begoña Rio Rodríguez , bloguera gastronómica
Jose Manuel García Barreiro, locutor e condutor de CRTVG do programa “Come e Fala”
Nuria PumaresBarrallobre, bloguera dun espazo en internet gastronómico
Alejandro Iglesias Vázquez, cociñeiro profesional
O fallo do xurado foi o seguinte:
Premio a Mellor Tapa: Ceviche mixto con toques galegos e caipisour do establecemento Tmos.
Segundo Premio: O ouro do galeón, dobrón de xiba e polvo coa súa tinta e ouro de La Solana.
TerceiroPremio: Isto non é o que parece, do Hotel AG Porcillán.
Tapa Ribadeo: Hamburguesiña da horta do establecemento Amodiño.
As tapas finalistas, xunto coas anteriores foron:
-Salmón mariñado sobre crocante de espelta e xeado de queixo, da Cervecería O Alén.
-O polbo. Versión 2015, do Hotel Restaurante O Cabazo.
-Cen por cen galego, de Casa Pepe – Piano.
-Bocadiño de tenreira galega, de A Dorada do Cantábrico.
-Anna Botella, do Galipizza.
-O Bocadillo das Viaxes, de A Mirandilla.
-Gominola de mencia e solombo de boi en dúas texturas sobre biscoito sifón de El Oviedo.
-Trampatollo, o pasteliño que quixo ser salgado, do Parador de Ribadeo.
Falta por coñecerse o premio da mellor tapa para o público e tamén a mellor barra. “Noraboa a todos e a todas polo éxito conseguido”, rematou engadindo Ana Martínez.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



