A Concellería de Servizos Sociais, a través da Oficina de Información Xuvenil e o Laboratorio de Investigación Social, organiza as seguintes actividades para o vindeiro mes de xuño:
ACTIVIDADES DIRIXIDAS Á MOCIDADE:
OBRADOIRO: “RELACIÓNS E ACOSO NAS REDES SOCIAIS”: última semana de xuño, dirixido a xóvenes de 12 a 16 anos.
Inscrición: na OMIX antes do 13 de xuño.
III TORNEO DE Wii: día 20 de xuño, dirixido a rapaces e rapazas a partir de 10 anos.
Inscrición na OMIX ata o 10 de xuño.
ACTIVIDADES DIRIXIDAS ÁS PERSOAS MAIORES DE 60 ANOS:
CURSO DE MANEXO DE MÓBIL.
Inscrición: ata o 4 xuño, na OMIX (no Centro Xuvenil)
ACTIVIDADES DIRIXIDAS Á VECINDADE EN XERAL
ROMARÍA SAN ANTONIO DA RIGUEIRA: sábado 13 de xuño. Para a obtención da ventura e do lirio de San Antonio, as persoas interesadas deben anotarse antes do 10 de xuño no Concello de Xove.
De todas estas actividades enviouse un programa a tódalas casas de Xove; neste programa hai un pequeño erro xa que pon que a Romaría de San Antonio é o 12 de xuño, cando realmente é o 13 de xuño.










No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



