Barreiros, 15 de maio de 2015.- O candidato á alcaldía polo Partido Popular en Barreiros e actual alcalde, Alfonso Fuente Parga, esbozou no mitin deste venres o seu compromiso co concello, mentres que, pola contra, os políticos da oposición “non teñen propostas para Barreiros, limítanse a criticar a labor do alcalde”.
Segundo o alcaldable popular “están en contra de todo, realmente non sabemos se queren traballar por Barreiros ou non. Non lles gusta o turismo, non lles gustan os servizos sociais, non lles gustan os colexios, nin a gardería…”.
Así o puxo de manifesto o candidato popular durante o mitin celebrado no Asador de Barreiros e no que participaron tamén o Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o secretario xeral do PP lucense, José Manuel Balseiro.
Fuente Parga reiterou o seu compromiso de que continuará a traballar para sacar adiante propostas de importante demanda en Barreiros, ao igual que fixo durante estes anos. Entre as actuacións materializadas ás que referiu atópanse: melloras no abastecemento de auga e en redes de saneamento, posta en marcha do ximnasio municipal, mantemento da gardería ou o servizo de axuda no fogar sen lista de espera.
Balseiro pide o voto para Fuente Parga
Pola súa banda, o secretario xeral dos populares lucenses, José Manuel Balseiro, pediu o voto para Alfonso Fuente Parga e argumentou que o Partido Popular é o único comprometido co municipio e o que maior esforzo inversor está a realizar en Barreiros.
Ademais da boa xestión a nivel local; Balseiro revelou o forte compromiso da Xunta de Galicia co municipio, que investiu nesta localidade máis de 15 millóns de euros dende 2009, o que supón preto de 18 veces máis ca achega da Deputación (850.000 euros).
Balseiro criticou que a Deputación de Lugo co PSOE e co BNG á cabeza non existira durante estes anos para Barreiros, ata o punto de que, por exemplo, estímase que a débeda en materia de servizos sociais (cuxo responsable, Antón Veiga, é o número dous da lista do BNG en Barreiros) ronda os 200.000 euros.

















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



