Foz, 15 de maio de 2015.- A Asociación Amigos das Viaxes de Foz organiza unha nova excursión para o sábado 30 e domingo 31 de maio. Neste caso visitarán Reinosa, nacemento do rio Ebro, Aguilar de Campo, e Palencia. O importe da viaxe será de 95 euros incluindo aloxamento en hotel de 4 estrelas a pensión completa. Para anotarse, como é habitual, chamar ao teléfono 609 822 649.
