Burela, 30 de maio de 2015.- As laranxas despiden a liga con tres puntos na casa do Orvina (2-5) e pechando o podio de Primeira RFEF. Ambas as escuadras optaron por despedir a tempada con despregamento de efectivos; nas filas galegas debutou na súa primeira convocatoria Carla González; a peor noticia para o equipo de Iván Cao, Lucas, é a posible lesión de Maite, que non puido participar na cita tras sentir molestias durante o quentamento.
O Burela FS Pescados Rubén apostou polo dominio do xogo e a posesión do balón, aínda que na rapidez na circulación tivo os seus máis e os seus menos. Con todo, Peque adiantou as mariñás xa no minuto 5 en xogada individual tras sortear a defensa local. Cris, no último cuarto antes do descanso, aproveitou para subir o 0-2, ao segundo pau a pase de Bea Mateos.
No segundo período, o Burela ensaiou con Claudia liderando o xogo de cinco. Con esta elección ampliaron vantaxe, no 24, Bea asistida por Peque, e no 26, a pichichi burelista en parede con Gaby. Tan só un minuto despois, o Orvina reduciu a fenda, no rexeite dunha falta. Con todo, o Pescados Rubén non quixo deixar marxe de mellora ás locais e Peque, no 28, practicamente sentenciou co 1-5 cun lanzamento afastado. O definitivo 2-5 chegou no minuto 31, de Uxue. Na recta final, o encontro contaxiouse dun ritmo que foi perdendo forza.
Ficha técnica
CD Orvina: Aintzane, Irune, Lucía, Maialen, Susana, cinco inicial; tamén xogaron Jessica, Aiora, Yarima, Uxue, Irati, Leire, Rebeca
Burela FS Peixes Rubén: Jozi, Cris, Peque, Gaby, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Claudia, Paula, Carla González
Goles: 0-1, minuto 5, Peque; 0-2, minuto 15, Cris; 0-3, minuto 24, Bea; 0-4, minuto 26, Peque; 1-4, minuto 27, Jessica; 1-5, minuto 28, Peque; 2-5, minuto 31, Uxue
Tarxetas: Por Orvina, amarela a Jessica (minuto 7), Irune (minuto 12)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 30 de Primeira División disputado no polideportivo Ezkaba





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
