O Gato Pardo proclámase campión da Liga de Veteranos de Viveiro desta temporada 2014/2015 revalidando o título acadado na pasada temporada e despois de coñecer a derrota en toda a temporada.
Gato Pardo suma 67 puntos en 23 xornadas debido ás súas 22 vitorias e un empate. E, pola súa banda, A Curva con 61 puntos logra a segunda posición e, polo tanto, o subcampionato.
O campión vencía por 10 goles a 1 ante o Mesón Lodeiro na vixésimo cuarta xornada e, igualmente, o subcampión lograba impoñerse por 0 a 7 ante Juve Chavín. Os dous primeiros da táboa medíanse a piques de rematar a temporada ós dous últimos da clasificación. No outro encontro celebrado o luns o resultado foi: O Mesón 2 – 3 Forum.
O xoves os partidos disputados remataron cos seguintes resultados:
O Recuncho 9 – 1 Temple Bar
Low Cost Bar 1 – 3 Flanagans
Cofipesca 4 – 1 Mesón A Fonte
A vindeira xornada mediranse:
Flanagans – Gato Pardo: o luns 11 de maio ás 20.30 horas.
Cofipesca – Forum: luns 11 de maio ás 21.15 horas.
Mesón A Fonte – Juve Chavín: luns 11 de maio ás 22.00 horas.
Temple Bar – O Mesón: xoves 14 de maio ás 20.30 horas.
Mesón Lodeiro – O Recuncho: xoves 14 de maio ás 21.15 horas.
A Curva – Óscar Joyeros: xoves 14 de maio ás 22.00 horas.
Descansa: Low Cost Bar.
Reunión sobre a Copa Veteranos 2015
O vindeiro xoves 14 de maio celebrarase unha reunión no pavillón municipal para abordar distintos aspectos da Copa de Veteranos de Viveiro 2015. Están convocados tódolos equipos da competición.