Lugo, a 8 de maio de 2015. ADEGA promove este ciclo por terceiro ano consecutivo dentro da campaña “Ponte no medio. Móvete polo Territorio”. Trátase dun cine-fórum no que se expoñen traballos audiovisuais galegos que dificilmente poden ser vistos nas canles habituais e que teñen que ver co noso patrimonio natural ou cultural.
As diferentes sesións do ciclo permitirán a cidadanía intercambiar reflexións e experiencias cos autores dos diferentes traballos documentais e expertos dos diversos eidos sobre os que versan estas obras, creando deste xeito, un espazo de análise e debate do que extraer conclusións e novas vías de acción, de dinamización do rural e de defensa da nosa cultura e territorio.
Ao longo deste ano, o programa de “A Nosa Terra, a Nosa Cultura” contará con 4 sesións de proxección audiovisual, acompañadas dunha posterior charla e debate cos seus autores e persoas relacionadas co tema ambiental ou cultural tratado.
1ª SESIÓN: A PESCA, CONFLITOS E SOLUCIÓNS
O martes 12 de maio, ADEGA dará comezo ao Ciclo documental deste ano coa proxección no no Museo Provincial de Lugo, ás 20h, do documental “Escamas, sangue” de Adrián Canoura e Breixo LLano.
Sinopse: Documental que repasa vinte anos despois o que foi a chamada «guerra do bonito» que trouxo á frota do Cantábrico ate o porto de Burela na súa batalla contra as volantas. Nominada como mellor curtametraxe no festival de cine da Arxentina, este documental recolle os feitos e tamén testimonios de algúns dos protagonistas duns momentos trascendentais que tiveron en vilo a todo un pobo. O documental pretende ser, segundo os seus autores, unha «homenaxe a unha xeración de persoas que levantou o orgullo e a honra deste pobo».
CHARLA-COLOQUIO
En cada unha das sesións, tras as proxeccións, haberá unha charla coloquio entre o público e os autores dos documentais, ademais de persoas convidadas que incitarán á reflexión en cada un dos temas tratados nas pezas audiovisuais.
É por iso que tras esta primeira proxección, convidarase ao público a charlar a modo de coloquio con Adrián Canoura, codirector da peza audiovisual, e Luis Rodríguez, Presidente de ASOAR-ARMEGA (Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia), quen nos virá a explicar cal é a situación pola que está a atravesar a flota pesqueira de baixura de Galicia.
Este Ciclo Documental conta co apoio e patrocinio da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo.




















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



