Foz, 15 de maio de 2015.- Queremos agradecer de corazón aos preto de cen veciños que respaldaron na tarde deste xoves a candidatura de “Foz, Plataforma de Futuro” no Castro de Vilaronte.
Un acto emotivo de nova política, aberto polos xóvenes compañeiros; Javier e Isabel, con discursos de calado, frescos e responsables, ¿quen dixo que á xuventude non lle interesa a política?
“Dicía onte unha muller maior de Villaronte, que esta candidatura brilla, esta xuventude sí me representa porque mostra valores e ten ganas” afirmaba o Alcaldable; Luis Alfonso Sixto.
Esta é a alternativa dunha nova xeración, a da xuventude implicada, a da experiencia, cunha media de 37 anos, novas caras, novas enerxías para dignificar a política de Foz con máis persoas e menos políticos profesionais no timón do pobo.
As cúpulas dos partidos de sempre xa non están tan tranquilos con nós porque VAMOS A RECUPERAR A AUTONOMÍA DO NOSO POBO, O FUTURO DE FOZ DECÍDESE EN FOZ, COA SÚA XENTE VOTANDO.
Poderán poñernos mil obstáculos pero vamos a superalos coa ilusión e a audacia da xente preparada e que non ten nada que esconder.
A partir do 24 de maio unha nova forza entrará no pleno do Concello de Foz para darlle O PROTAGONISMO Á XENTE e modernizar esta vila.
Vamos a protagonizar o cambio en Foz, hai proxecto, hai equipo, non vos imos fallar!
ACTOS DO FIN DE SEMANA
VENRES 15 ás 20:30h, ACTO PÚBLICO NO CENTRO CÍVICO DE CANGAS
SABADO 16 ás 20:30h, ACTO PÚBLICO NA ANTIGUA ESCUELA DE CORDIDO
DOMINGO 17 ás 20:30h, ACTO PÚBLICO NA ANTIGA ESCOLA DE SAN ACISCLO