A Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Foz e o seu candidato Jaime Cancio queren expresar o seu agradecemento os veciños de NOIS por a súa excelente participación e acollida que tiveron na xuntanza/mitin que a nosa candidatura tivo este martes 19 de maio no Centro Social A Saira de NOIS.
Unha vez máis sentímonos masivamente arroupados por os veciños de NOIS que tiveron a ocasión de informarse do programa do Partido Socialista da man dos candidatos que forman a candidatura dos socialistas de Foz e clarexar con iles e co noso candidato a alcalde Jaime Cancio as dúbidas e queixas que consideraron oportunas.
Fixéronos saber as súas queixas sobre a valoración propagandística que fai o equipo de goberno do PP de Foz sobre a creación do parque infantil de Nois e sobre todo a falta de inversións na parroquia cando agora as presas fan o mantemento e reparacións de pistas que non fixeron durante os últimos catro anos.
Os socialistas de Foz comprometémonos cos veciños de NOIS a non ter que pedir audiencia para falar co alcalde, a xestionar a construción de beirarrúas na N-642 a mellorar o alumeado público e, entre outras cousas, a consensuar cos veciños e a súa asociación as inversións da parroquia despois de catro anos de desgoberno do Partido Popular.
Estes compromisos firmados en un documento por o Secretario Xeral dos socialistas de Foz José Ramón Val e o noso candidato Jaime Cancio foille entregado o Presidente da Asociación de Veciños como proba inequívoca das preocupacións que nos moven os socialistas naquelas melloras preferentes pos veciños de NOIS.
Así pois, seguimos entendendo que mentres os outros candidatos a alcaldía de Foz compiten entre sí utilizando o insulto e a mentira para buscar espazo fronte a política participativa dos socialistas, nosoutros, os socialistas de Foz, unha ves mais demostramos mediante o diálogo que o compromiso socialista, firmado por nos, está pensado por e para a igualdade dos veciños, vivan onde vivan, desde unha forma distinta de gobernar.