O PSdeG PSOE de Foz continúa “pisando porta a porta” para falar cos veciños e veciñas coa intención de manifestar “o noso agradecemento os veciños das rúas Corporacións Municipais, Carlos Maside, Mestre Lugilde, rúa Minguillón e rúas limítrofes pola súa excelente participación e aceptación desta outra forma de gobernar que os socialistas de Foz estamos levando adiante, así como ao Bar San Miguel, por permitir poder facer este acto no local”.
Nesta xuntanza veciñal tratouse de explicarlles de primeira man as iniciativas socialistas sobre a semi-peonilización da Avda. da Mariña, reordenación de xardíns na Rapadoira e outras iniciativas encamiñadas a recuperar o dialogo e as boas maneiras nas relación entre partidos políticos e veciños totalmente perdidas nos últimos tempos.
Por iso, tomamos nota das súas inquedanzas e queixas sobre a sucidade das beirarrúas e a mala imaxe que xenaran os recipientes de auga nos portais para evitar os efectos de algunhos animais de compañía, o que nos leva a buscar formulas de compatibilizar a limpeza das beirarrúas e os animais de compañía sen recorrer directamente o camiño das sancións.+
Outra das inquedanzas expostas son os danos no mobiliario público e privado provocadas por algunhas persoas que procedentes da zona do botellón se desprazan camiño da estación de autobuses e do apeadeiro de Feve.
Estas e outras preocupacións dos veciños son recollidas por os nosos candidatos para buscarlles a oportuna solución, mentres outros se dedican a facer obras electoralistas reparando vellos cortes de canalizacións nas rúas que deberan ser reclamados a empresa que no seu día non reparou debidamente.


















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



