A Deputada de Deseño e Artesanía en funcións, Regina Polín, presentou este xoves a nova programación de actividades organizada para este verán polo Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, para os máis cativos da casa. Serán 120 prazas totalmente gratuítas en obradoiros de contos reciclados, manualidades de verán, artesanía e ciencia, coiro, cestaría creativa e de reciclaxe, fotografía e scrapbooking, para nenos de 5 a 14 anos, que se desenvolverán en tres quendas diferentes, do 1 ao 15 de xullo, do 16 ao 31 de xullo e do 17 ao 31 de agosto, nas instalacións do CENTRAD e no obradoiro de cestaría do río Rato.
No acto, no que tamén estiveron presentes varios docentes destes cursos, Polín fixo fincapé no “éxito rotundo destes obradoiros” ao tempo que lembraba que na pasada convocatoria de Semana Santa cubríronse as prazas o mesmo día que se abriu o prazo de inscrición. “Isto demostra o interese que espertan estas actividades lúdicas-educativas nas familias luguesas”, destacou.
A Deputada en funcións sinalou a “gran oportunidade que supoñen os talleres para que os máis cativos da casa coñezan a tradición artesanal tradicional da provincia cunhas actividades moi diferentes das habituais, ao tempo que se relacionan con outros mozos da provincia das súas idades”.
O organismo provincial puxo en marcha estes obradoiros para que os nenos empreguen as súas épocas estivais con actividades de lecer diferente e cuns horarios que faciliten que nais e pais poidan conciliar a familia e o traballo. “Coa organización destes obradoiros para conciliar a vida laboral e a familiar damos resposta tamén ás peticións dos veciños nos Orzamentos Participativos”, avanzou Polín.
120 cativos e 7 obradoiros
Para este verán o CENTRAD ten preparados 7 obradoiros gratuítos. Os nenos de entre 5 e 7 anos realizarán na primeira e na terceira quenda talleres de contos reciclados e manualidades de verán “crear e reciclar”. Os de 8 a 10 anos terán a oportunidade de practicar co coiro e de experimentar coa ciencia, tamén na primeira e na terceira quenda, e os mozos de 11 a 14 anos iniciaranse na fotografía e na cestaría creativa de reciclaxe nestas mesmas quendas.
Na segunda quenda os cativos dividiranse, tamén por idades, pero de diferente modo. Nenos de 5 a 9 anos realizarán contos reciclados e manualidades e mozos de 10 a 14 practicarán as técnicas do scrapbooking e fabricarán obxectos de coiro.
A programación ten en conta as idades e as capacidades dos nenos participantes, se ben haberá dous monitores de apoio, ademais do propio persoal do CENTRAD, para que os nenos con necesidades especiais aproveiten ao máximo estes obradoiros.
Trátase pois, dunha oferta de 120 prazas totalmente gratuítas, 45 na primeira e na terceira quenda, e 30 na segunda, e das que un 15% están reservadas para nenos con necesidades especiais. O horario será o mesmo para todos os cursos, de 09.00 a 14.00 horas, cun descanso de 11.00 a 11.30 horas, durante o que poderán repoñer forzas cun almorzo que traian da casa os que así o desexen. De 13.15 a 14.00 horas os participantes visitarán os diferentes obradoiros e exposicións do centro.
Inscricións
Para inscribirse nos Obradoiros Artesanais Infantís de Verán deberase presentar o formulario de inscrición debidamente cumprimentado. O prazo será a partir de mañá ata o 19 de xuño, ambos inclusive, e o formulario poderase descargar na web www.deputacionlugo.gal a partir deste venres. Este deberase entregar no Rexistro Xeral da Deputación, no Pazo de San Marcos, de luns a sábado, en horario de 09.00 a 14.00 horas. As inscricións realizaranse seguindo a rigorosa orde de solicitude, tendo preferencia os nenos dos solicitantes que acheguen un certificado de empresa acreditando que os pais traballan nos días de celebración dos obradoiros.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



