Trabada, 30 de xuño de 2015. A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, informa de que a piscina municipal abrirá este mércores 1 de xullo. O horario de baño será de luns a domingo de 12.00 horas a 20.00 horas.
Os prezos establecidos para esta nova campaña de verán serán de 0,34€ a entrada para nenos de hasta 18 anos. Para adultos, de 18 anos en adiante, a entrada costará 0,67€.
O abono semanal será de 2,02€ para nenos e 4,04€ para adultos. E o abono mensual será de 6,74€ para nenos e de 13,47€ para adultos.
Por outro lado, dispoñen tamén dun abono para a temporada completa que terá un coste de 13,47€ para nenos e 26,95€ para adultos.