Santiago, 17 de xuño de 2015.- A Xunta ven defendendo de maneira inequívoca a postura maioritaria do sector de arrastre de fondo galego con respecto a non permitir a faena na fin de semana dos barcos de bandeira portuguesa que pescan nas nosas augas, de tal xeito que se estableza un marco de igualdade entre as flotas portuguesa e galega. Así o asegurou este mércores pola mañá no Parlamento o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, en resposta a unha pregunta sobre esta cuestión.
Juan Maneiro explicou ademais que nas negociacións do novo acordo pesqueiro entre España e Portugal tanto o sector do arrastre litoral galego coma o propio Goberno galego e o Parlamento de Galicia instan e demandan do goberno de España que se garanta a igualdade entre as flotas de arrastre de fondo de ambos países que faenan nas aguas fronte a Galicia mediante a prohibición da actividade pesqueira dos buques de arrastre de bandeira portuguesa que pescan nas augas xurisdicionais españolas da zona IX durante a fin de semana.
O secretario xeral do Mar engadiu que de cara ao futuro a Xunta está a espera dunha nova convocatoria do Comité de Seguimento do acordo, que aínda non ten data, pero na que –advertiu– “seguiremos a manter a postura establecida dunha maneira inamovible”.
Juan Maneiro sinalou que a problemática no desenvolvemento deste acordo para a flota de arrastre de fondo está na posibilidade que teñen os barcos de bandeira portuguesa para traballar a fin de semana, mentres que a flota galega debe permanecer amarrada en cumprimento do descanso da fin de semana. Esta situación lles permite acceder aos mercados con vantaxe, ao poder colocar a súa pesca ao inicio da semana, cando os buques galegos están a iniciar as súas labores de faena. Isto, na opinión do sector galego de arrastre de fondo, da Administración galega e do Parlamento de Galicia, constitúe unha competencia desleal a que debe darse algunha solución satisfactoria para a nosa flota, segundo indicou o secretario xeral.
Por tal motivo, no seo da Comisión Sectorial de Arrastre Litoral do Consello Galego de Pesca acordouse que a proposta conxunta do sector galego e da Xunta sexa solicitar a introdución no acordo bilateral dun punto coa seguinte redacción: “Queda prohibida a pesca con artes de arrastre as fins de semana para os buques de arrastre que faenan en virtude deste convenio nas augas xurisdicionais españolas”. Esta proposta tamén tivo o respaldo do Parlamento de Galicia mediante a aprobación dunha proposición non de lei.
Parasito Marteilia
Pola súa parte, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, explicou, en resposta a unha pregunta sobre esta cuestión, que a Xunta destinará 72.000 euros a un convenio de colaboración centrado en mitigar os efectos do parasito Marteilia no berberecho. Formalizarase entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), por medio do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Este convenio ten como obxecto a realización dunha acción de investigación sobre o parasito Marteilia e a súa afección no berberecho común.
Con esta iniciativa búscase adquirir coñecementos sobre a enfermidade causada por este parasito nas poboacións de bivalvos en Galicia, para facilitar a toma de decisións na xestión do recurso e, se é o caso, desenvolver estratexias de loita que conduzan á minoración dos efectos causados por esta enfermidade. O estudo incluirá aspectos epidemiolóxicos e ambientais e o coñecemento do ciclo de vida da Marteilia.
A directora xeral explicou que entre as accións específicas que se van desenvolver ao abeiro deste convenio destaca un programa de vixilancia da enfermidade en poboacións de berberecho non afectadas, co fin de coñecer en todo momento o estatus sanitario das poboacións. Tamén se estudará a dinámica temporal da enfermidade, avaliarase a influencia de variables ambientais no seu desenvolvemento e a transmisión da enfermidade entre berberechos, entre outras cuestións.
En virtude deste texto traballarase na identificación e análise poboacional de potenciais hospedadores intermediarios (organismos que albergan o parasito) no ciclo biolóxico da Marteilia e da dinámica da súa infección.
Este acordo estará vixente ata o 31 de decembro de 2016. No caso de ser preciso poderase prorrogar por períodos de 6 meses ou ata que se rematen os traballos obxecto do acordo, sen que supoña un incremento do gasto





















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



