Ribadeo, 24 de xuño de 2015.- A Xunta de Galicia desenvolverá este mércores na Praia das Catedrais unha xornada informativa sobre o Plan de Conservación e as medidas de ordenación de acceso que se porán en marcha este verán. Tendo en conta que a xornada de San Xoán é festivo en moitas localidades, guías do servizo de Conservación da Natureza informarán aos visitantes sobre o sistema de regulación de acceso que entrará en vigor o vindeiro 1 de xullo, sobre outras posibilidades de visita pola zona, os horarios de preamar e baixamar que condicionan as horas máis recomendables de acceso, así como dos valores do medio que permitiron declarar como Monumento Natural este espazo da costa da mariña lucense.
Tendo en conta que a baixamar será ás 16.30 horas, estes traballos desenvolveranse entre as 15.30 e as 18.30 horas, o tempo máis propicio para as vistas. Estarán supervisados polo subdirector de Conservación da Natureza e a xefa do servizo provincial de Conservación, co obxectivo de coñecer de primeira man todas as posibles incidencias e darlles unha resposta o máis áxil e efectiva posible aos visitantes.
Por outra banda, o departamento de Turismo aproveitará a xornada para recabar información e opinións dos visitantes, mediante enquisas que recollerán o seu grado de satisfacción, como se achegaron ao monumento, como planificaron a visita, e os motivos que os levaron a visitalo. Esta información será valorada para planificar actuacións que melloren o atractivo turístico deste espazo protexido.
Reunión cos comerciantes
Tamén esta tarde, a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, manterán unha reunión coa asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos de Ribadeo para explicar o sistema de control de acceso e resolver as súas dúbidas.
As representantes do Goberno galego explicarán aos comerciantes que todas aquelas persoas que acrediten o seu aloxamento nalgún local hostaleiro no concello de Ribadeo estarán autorizadas para acceder á Praia das Catedrais.
Ademais, Tellado e Castro incidirán en que a autorización gratuíta para acceder á Praia das Catedrais poderá descargarse o mesmo día da visita mediante o teléfono móbil. Dese xeito, sempre que non estea completo o límite diario, os visitantes que cheguen ao Monumento Natural sen autorización previa poderán conseguila en poucos minutos a través da aplicación web https://ascatedrais.xunta.es, para o que, se o precisan, contarán con axuda dos guías da Xunta de Galicia.
A través dun procedemento áxil e sinxelo, calquera persoa que queira acudir a este espazo protexido, situado no Concello de Ribadeo, poderá reservar a súa autorización por internet cunha antelación máxima de 15 días e ata o mesmo día da visita.
Esta plataforma tamén proporciona información de interese sobre os horarios das mareas e as horas máis propicias para a visita, así como sobre o número de autorizacións aínda dispoñibles para cada día.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



