Mondoñedo, 23 de xuño de 2015- O edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García, da a coñecer o programa ‘Aberto por Vacacións’ que, segundo informa, inclúe actividades ofertadas dende a Casa da Xuventude e dende a Escola de Música para o mes de xullo. O prazo para inscribirse nas diferentes actividades xa está aberto.
Alberto García di que o programa ‘Aberto por Vacacións”, impulsado pola Concellería de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, ten por obxecto “ofrecer, de xeito gratuíto, opcións alternativas nesta tempada estival para os máis pequenos da casa”.
Actividades que se imparten na Casa da Xuventude
En concreto, na Casa da Xuventude volverá a ofertarse a iniciativa Fesqueleandocospeques, que trae unha serie de actividades variadas tanto de interior como de exterior (actividades con plastilina, debuxo, xogos na Alameda…) para os máis novos. Celebrarase para nenos de 4,5 e 6 anos, todos os luns e martes de xullo, de 10.45 a 11.45 horas. Mentres que se ofertará para os nenos dende os sete anos, tamén todos os luns e martes de xullo, pero neste caso en horario de 12.00 a 13.00 horas.
A maiores, entre as actividades de verán que se desenvolverán na Casa da Xuventude atópanse dous obradoiros. O primeiro deles, dirixido a nenos a partir dos doce anos, consiste na restauración dunha carroza, que se viña empregando no pasado para as cabalgatas de reis ou os desfiles nas festas. O obradoiro de restauración da “carroza da zoca” impartirase os mércores e xoves do mes de xullo de 11.00 a 13.00 horas.
E por último, terá lugar unha nova edición do obradoiro de teatro, tanto para os máis novos como para os maiores, tratándose dunha actividade con moi boa acollida polos mindonienses. O obradoiro de teatro para o grupo de infantil (a partir dos 7 anos) celebrarase os venres de 10.30 a 12.00; mentres que o dirixido a maiores de 14 anos será tamén os venres, pero neste caso de 12.00 a 13.30 horas.
Inscricións na Casa da Xuventude
Os interesados en Fesqueleandocospeques así coma nos dous obradoiros poderán anotarse na propia Casa da Xuventude en horario de mañá (09.00 a 14.00 horas) e a través do teléfono 982 507 105, onde serán atendidos pola responsable da Oficina de Información Xuvenil, Esther Otero.
Curso de Música
Alberto García tamén informa de que foi aberto o prazo de inscrición no VI Curso Interdisciplinar de Música de Mondoñedo, organizado dende a Escola Municipal de Música “O Pallarego” que dirixe Xan Carballal.
O prazo para anotarse finaliza o venres 10 de xullo, e as follas de inscrición poderán entregarse na Escola de Música ata ese mesmo día (Alcántara S/N, teléfono 982 50 73 85).
Así, dende a Concellería de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías animan a todos a participar nas actividades de verán da Casa da Xuventude e da Escola de Música, que se desenvolverán durante o mes de xullo.





















A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.



