O Concello de Xove organiza a romaxe a pé ata o santuario de Santo Antonio da Rigueira como se ven facendo tradicionalmente cada 13 de xuño.
Tódolos romeiros e romeiras que queiran anotarse previamente, poden anotarse ata este mércores 10 de xuño no despacho da Concelleira de Servizos Sociais (xunto da propia concelleira ou de Lucía Meitín) ou ben na propia entrada do Concello, xunto de Milucho. Tamén se poden anotar chamando ao teléfono do Concello 982 592 001. As persoas que se anoten previamente recibirán o Lirio de San Antonio.
Ata o momento son 150 as persoas inscritas para realizar a romaxe.
Lóxicamente, todos aqueles que non se inscribiran previamente, poderano facer o mesmo día da romaxe nalgún dos distintos puntos de saída cubrindo un carné de romeiro que será selado no punto final da romaxe tendo dereito, deste xeito, a recibir a Ventura de San Antonio.