Lugo, 19 de xuño de 2015.- O anuncio efectuado onte sobre a incorporación de Begoña Moreiras ao Goberno socialista de Ourol como primeira tenente de alcalde e delegada de economía e facenda -ademais en réxime de dedicación exclusiva- demostra que estamos ante un caso evidente de transfuguismo político, en palabras do secretario xeral lucense Jose Manuel Balseiro.
Para o dirixente popular está claro que esta concelleira, que concorreu ás últimas eleccións municipais como número dous da candidatura do Partido Popular e que despois decidiu apoiar como alcalde ao cabeza de lista socialista, “cambia de bancada política ata o punto de integrarse no goberno do PSOE”.
Os populares acusan a Begoña Moreiras de “deslealdade e traizón”, non só fronte ao que era o seu partido senón, tamén ante os veciños “que depositaron a súa confianza nela”. Ademais, visto o novo paso que decidiu dar esixen que devolva a acta que logrou formando parte da candidatura do Partido Popular.
DENUNCIAN “A COMPRA” DA SÚA EDIL
Balseiro considera ademais que o actual alcalde socialista e a propia Begoña Moreiras mentiron aos veciños cando aseguraban que non había intereses económicos ocultos tras este acto de transfuguismo, e nun dubidan en asegurar que a súa edil “podíamos dicir que foi comprada” pois como consecuencia do novo pacto a concelleira tránsfuga pasará a recibir en réxime de dedicación exclusiva unha soldo “incluso superior a do propio alcalde socialista”.
“Estas persoas nos quixeron facer crer que non había maletíns, nin sobres, e hoxe sabemos que os había e razón de 37.000 euros brutos anuais”, unha “motivación fraudulenta que parece ser suficiente para que esta señora acabe protagonizando este vil acto de transfuguismo.”
COMPLICIDADE DO ALCALDE E DO PSOE
Desde o PP arremeten tamén con dureza contra o socialista Jose Luis Pajón do que lembran, “se serviu do voto dunha tránsfuga para ser alcalde, para roubar unha maioría que non lle deron os veciños nas urnas”.
Insisten ademais en que o novo rexedor actúa coa complicidade do PSOE a nivel provincial, autonómico e nacional, que lonxe de censurar estes feitos permiten esta actitude antidemocrática que supón apoiarse nun tránsfuga en vez de obrigarlle a rectificar e efectuar a correspondente repulsa.
DESCULPAS AOS NOSOS VOTANTES
Balseiro insiste en pedir desculpas aos votantes do PP de Ourol, a todos aqueles que lles confiaron o seu voto para conseguir un goberno diferente
Anuncia que comunicarán esta estes novos feitos, á Comisión de Dereitos e Garantías do partido que xa tramitaba o expediente disciplinario que en casos desta gravidade contempla incluso a expulsión e insisten en lamentar que esta persoa se aproveitase de formar parte dunha lista do PP para únicos intereses personalistas.
Ao mesmo tempo adianta que estudarán e impulsarán todas as medidas administrativas, xurídicas –sen descartar incluso a vía xudicial- que estean nas súas mans para recuperar o que lle outorgaron as urnas e lle negou un evidente caso de transfuguismo.

















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



