Compostela, 12 de xuño de 2015.- A CIG-Saúde vén de rexistrar un escrito dirixido ao Presidente da Xunta demandando que se paralice a tramitación das Axencias de Coñecemento en Saúde e de Tecidos e Órganos. Lembra que ambos os proxectos foron rexeitados por unanimidade das organizacións sindicais tanto na Mesa Xeral do SERGAS (en novembro de 2014), como na Mesa Xeral de Negociación das/os Empregadas/os Públicas/os (en xuño de 2015) e denuncia que “non responden nin ás necesidades da investigación biomédica nin ao coñecemento en saúde”.
A CIG-Saúde afirma que creación da Axencia do Coñecemento en Saúde non responde a un interese da Administración en dar cumprimento á Lei de Saúde de Galiza de 2008, que no seu título IX contempla a creación do Instituto Galego de Investigación sanitaria para fomentar a investigación biomédica nas ciencias da saúde no Sistema Público de Saúde.
Tampouco pretende dar continuidade ao acordado na III Conferencia de Presidentes autonómicos, celebrada o 11 de xaneiro de 2007, coa vontade de avanzar no I+D+i, e aumentar a estabilidade das/os investigadoras/es excelentes do Sistema Nacional de Saúde. “O persoal investigador é o gran ausente desta axencia. A axencia despreza ao colectivo que engade valor a este ente”, denuncia.
Considera que o texto da Axencia do Coñecemento en Saúde que presenta a Consellaría de Sanidade “non garante que a titularidade sexa integramente pública” e asegura que no que respecta ao persoal directivo, “só pretende crear prazas con contrato de alta dirección fóra do sistema público; polo que no seu articulado non se regulan os requisitos dos postos, nin a necesidade de acreditar titulación (sanitaria ou non sanitaria) solvencia académica técnica ou científica”.
A CIG-Saúde denuncia que non existe ningunha relación entre as tarefas a realizar como directoras/es de área co requisito de titulación e currículo técnico científico. “Se aplicamos os criterios de selección recollidos neste documento á designación de xefes de servizo das unidades asistenciais, atopariámonos con que a/o xefa/e de servizo dunha unidade (cardioloxía, neuroloxía…) podería ser a/o auxiliar administrativo do servizo que tivese un grao, e non unha/un facultativa/o do servizo”, asegura e engade que “o mesmo ocorrería co/a director/a de xestión económica o co/a director/a de RRHH”.
Entende que se a Consellaría de Sanidade tivese a intención de crear unha axencia pública e de calidade que dese resposta á investigación biomédica, e que consolidase os postos do persoal investigador coma garantía de futuro, “publicaría uns criterios de selección do persoal directivo que permitisen captar as/os profesionais máis cualificados. E negociaría na Mesa Sectorial de Sanidade a consolidación do persoal investigador”.
Subliña que na Sanidade Pública Galega, nos institutos de investigación biomédica dos complexos hospitalarios da Coruña, Vigo e Compostela, así coma na universidade pública galega, en xeral no mundo da asistencia sanitaria e da ciencia e investigación, existen profesionais altamente cualificados, para desempeñar os postos de dirección da axencia e das súas áreas.
Por iso reitera que a Administración “non pode permitir” que a Consellaría de Sanidade apelando á Lei 16/2010, do 17 de decembro de Organización e Funcionamento da Administración “cree un ente que desprestixia o coñecemento en saúde e a investigación biomédica”.
Para a CIG-Saúde a retirada deste decreto confirmaría que esta Administración fai unha aposta real polo I+D+i, e unha aposta polo persoal investigador altamente cualificado. “De permitir que a Consellaría de Sanidade siga adiante con este despropósito, viría a confirmar que estamos ante un caso de perversión da Administración co único obxectivo de favorecer as/os amigos/as”, advirte.
Por iso solicita do Presidente da Xunta que, de inmediato, “paralice a tramitación do decreto da Axencia Galega do Coñecemento en Saúde, cumprindo así o seu compromiso público de facer unha aposta real polo I+D+i” e demanda que se xeren as políticas necesarias para o afianzamento do coñecemento científico dentro do sistema público e dentro da Galiza.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



