Ribadeo, 17 de xuño de 2015.- O alcalde, Fernando Suárez, remitiulle un escrito á conselleira de Medio Ambiente en resposta ao un correo electrónico enviado ao Concello amosando o interese do goberno galego en participar no pleno extraordinario e urxente, previsto para as 21 horas deste mércores. O rexedor di que “despois de todo este tempo sen ter para nada en conta a postura do Concello, hoxe sorprende que o goberno galego queira vir explicar a un pleno municipal o inexplicable”.
Logo de ver o correo electrónico que nesta mañá chegou ao Concello onde mostran o seu interese en participar no Pleno Extraordinario e Urxente convocado para esta tarde-noite acerca do pronunciamento da Corporación democraticamente elixida sobre as actuacións derivadas do Plan de Conservación do Monumento Natural das Catedrais, cómpre indicarlles o seguinte:
Subscribimos con rotundidade as súas amables verbas no tocante ao “ofrecemento co convencemento de que a participación e o diálogo entre as administracións son o único camiño para chegar a entendementos e conseguir os mellores resultados para os nosos veciños, para a promoción do turismo e para a protección do medio ambiente”.
Por iso, ao longo destes últimos dous anos, o goberno municipal da anterior corporación, fixo leal e honestamente unha morea de aportacións para que con intelixencia e con habilidade, puidesemos lograr o grande obxectivo que todos buscamos: O equilibro entre conservación do medio e motor económico dese espazo para a nosa comarca e, moi especialmente, para o Concello onde está encravado este Monumento Natural: Ribadeo.
Lamentablemente en todos estes meses non puidemos nin acadar que a mais mínima medida proposta polo Concello de Ribadeo (polo seu coñecemento sobre o territorio, pola súa xestión con escasos recursos dese entorno a pesares de non ter competencias,…) fose aceptada e levada adiante: Nin diálogo serio e efectivo entre as Administracións implicadas (Xunta, Deputación, Ministerio de Medio Ambiente, Feve,..), para regulación de tráficos rodados, de favorecemento de transportes públicos como a creación de servizos de buses lanzadeiras desde Ribadeo, para a creación dun apeadoiro de tren a escasos 250 metros do areal, para favorecer a educación ambiental sistemática entre os visitantes, para axudar a regular uns aparcadoiros públicos de calidade, etc. etc. etc.
Sempre as actuacións por parte da Xunta de Galicia foron a displicencia absoluta: non ter en conta nada disto, tentar diluír a imaxe de Ribadeo nun etéreo conxunto mariñán e galego, a potenciación delirante do veciño concello de Barreiros como co-titular do areal cuxa delimitación de Monumento Natural enceta e remata en Ribadeo, etc. etc. etc.
Incluso nestes últimos días, despois das advertencias verbais ás responsables políticas desta actuación autonómica onde se lles pedía cordura na aplicación gradual de medidas que puidesen ter un impacto negativo e non compresible polos milleiros de visitantes, coma o feito das inéditas solicitudes administrativas de acceso de xeito telemático. Algo nunca visto na xestión de espazos que reciben fluxos de moitos visitantes. A todo isto respostóusenos de maneira pouco afortunada tentando establecer a modo de feira un número maior de entradas para que o Concello puidese repartir entre os teóricos visitantes. Incluso no día de hoxe, enteiramonos polos medios de comunicación que destacados representantes políticos da Xunta están no propio areal decidindo as accións a realizar sen que desde o Concello teñamos idea algunha do que se persegue.
En definitiva, nunha relación que nunca tratou ao Concello de igual a igual, como é de xustiza e de razón, senón coma un ente menor que non debe ser considerado por non ter competencias nin “cualificacións” axeitadas.
Por todo isto, froito do debate, do diálogo que en Ribadeo si se practica, vén resultando que a unanimidade do sector servizos e de amplas capas da poboación están en profundo desacordo cos xeitos que estas actuacións se pretenden levar a cabo. É por isto que lexitimamente, o maior órgano de representación da vontade veciñal do Concello, isto é, o Pleno, tomará a palabra para adoptar posición sobre este asunto, e loxicamente, e porque así o establece a lei que todos debemos cumprir, a palabra tómana os concelleiros, concelleiras e mais o Alcalde, estando abertas loxicamente as portas do Concello para que calquera cidadán, con responsabilidades políticas ou sen elas, se poida achegar para presenciar o debate.
Isto non obsta, para que despois das resolucións que se poidan adoptar polos lexítimos representantes do Concello, a man e a palabra dos mesmos sigan abertas como o estiveron sempre para o obxectivo básico polo que estamos aquí: A defensa dos intereses de Ribadeo, dos seus veciños e veciñas, con sometemento á lei e á razón.
Ribadeo, 17 de xuño de 2015.
Unha aperta,
Fernando Suárez Barcia
Alcalde de Ribadeo

















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



