O Presidente en funcións da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, felicitou este domingo durante a celebración do último Pleno da actual Corporación Provincial a todos os seus integrantes polo traballo levado a cabo neste mandato. “Quero compartir os meus bos desexos de éxito para todos os Deputados, que tanto traballaron dende diferentes posicións políticas, pero todos por e para a provincia, polo que é de agradecer”, subliñou.
Gómez Besteiro salientou que “é unha verdadeira satisfacción que a Deputación de Lugo se teña convertido nestes últimos 8 anos nunha institución útil para os cidadáns. Síntome orgulloso da normalidade democrática coa que os lucenses empregan e gozan cada día dos servizos e instalacións públicas desta institución. É unha honra que hoxe a Deputación sexa a Casa dos Concellos, pero tamén a Casa de todos os lucenses. Fixemos da Deputación unha institución útil, pegada ás necesidades dos lucenses e capaz de reorientar as súas políticas en funcións delas, ben con plans de obra pública, ben con emprego, con participación cidadá, como os Orzamentos Participativos”.
“Fomos capaces de responder ás necesidades da provincia, mantendo a solvencia económica: hoxe temos débeda cero, cando a recibimos nós era de 122 millóns de euros. Isto permitirá á nova Corporación Provincial adquirir compromisos cos cidadáns sen estar limitados pola existencia dunha débeda económica. Demostramos que este goberno progresista soubo gobernar mellor. E, ademais, estendemos esta responsabilidade económica ás empresas que traballan coa administración grazas ás cláusulas sociais que blindan os dereitos dos traballadores”.
“Todo isto non sería posible sen os funcionarios e traballadores desta casa. Demostraron saber adaptarse aos novos tempos nos que cambiaron os horarios, nos que esta institución viviu unha revolución tecnolóxica sen precedentes, nos que estreamos exitosos departamentos, como o de fondos europeos. Estou moi agradecido a todos e cada un deles, sen excepcións, porque foron servidores públicos con maiúsculas da provincia de Lugo”, sentenciou.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



