CADERNOS DA VIAXE. O baño de realidade das pasadas eleccións locais e a velocidade de vértigo á que se moven hoxendía as tácticas políticas xerou un escenario que ningúen tería prognosticado hai seis meses: o BNG, co seu capital organizativo, social e sindical renunciando ás súas siglas cara ás vindeiras eleccións e Podemos, coa súa marca, recoñecendo que en Galicia habería presentarse ás mesmas en unión doutras forzas sociais e políticas, mentres lle nega a IU outra saída no resto do estado (agás Catalunya e o País Valenciano) ca a de integrar as fileiras podemitas.
Diríase que está todo feito e que haberá converxencia ou maré galega nos comicios do outono. Mais subsisten algún problemas de solución complexa, aínda que totalmente resolúbel dende a intelixencia e a xenerosidade. É moi posíbel unha candidatura galega que integre galeguistas e non galeguistas. É, tamén, factíbel que esta candidatura teña una orixe máis cidadán ca de partidos, mais tamén precisará destes, dos novos axentes sociais e dos alcaldes-referentes do galeguismo e das marés cidadás.
Mais a chave do asunto é o nível de relación desta candidatura de converxencia con outras forzas estatais e territoriais. Ou, para sermos máis directos, o seu grao de dependencia de Podemos e do seu candidato nas xerais, Pablo Iglesias.
E aí é onde compre a finezza. Porque Podemos semella querer mandar e os demáis actores políticos e sociais (e non só os galeguistas) semellan estar por unha candidatura galega con centro de decisión no País e que forme grupo parlamentario de seu e independente. Sen prexuizo de apoiar Podemos e outras forzas estatais ou territoriais nas súas iniciativas lexislativas ou mesmo cara ao Goberno do Estado.
Mais é evidente que o valor da converxencia, da unidade cidadá é superior ao da marca Podemos, polo que as solucións haberían ir máis pola independencia da candidatura galega de país. Unha Independencia que tamén afortalaría as expectativas electorais de Podemos no conxunto do Estado. Porque en Madrid, Málaga ou Valladolid o pacto preelectoral de Podemos cos galeguistas ou cos valencianistas de Compromis lles restaría un bó lote de votos.
Xoán Antón Pérez-Lema

















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



