O vello ritual vai ter, na noite do lúns, unha nova edición e, da xeografía urbán, e da rural, rubirán ó ceo as chamas da ancestral cirimonia, engarzada nas mais devanceiras costumes da nosa terra. Conta a tradición que en grande parte das fontes vivían os encantos e as fadas; virxes, doncelas, donas e lavandeiras. Por iso a auga, como o lume purificador, son elementos protagonistas na noite de San Xoan, ós que se recoñecían virtudes curativas para os males do corpo e da alma.
Da lonxana adolescencia, gardamos memoria da fogueira que cada ano ardía no lugar do Cristo, en Marzán. Antes, os veciños carrexaran, nos carros labregos, madeiras dos montes e os tanocos das berzas, así como silveirais de camiños e congostras, que segaban, para ser queimados na noite máxica do 23 de xuño. O acordeón de José da Morena, o cego, ou o de Plácido Val, poñían o contrapunto musical naquela xuntanza que congregaba ás xentes. Pero antes cumprirase outro ritual: deixar ó sereo un recipiente de auga con flores para, á mañán, lavarse coa auga perfumada, á que se atribuían propiedades terapéuticas.O amor facíase presente e as mozas saltaban as chamas, decindo: “Salto por enriba / do fogo de San Xoan / para que non me roa / nen cobra nen can”. Se no brinco libraba das lapas era sinal de casamento dentro do ano: pero se as rozaba, esvaecíase a ilusión do casoiro, en tan curto prazo.
Como tantas tradicións, a noite de San Xoan perdeo o encanto poético de antano: non se deixa a auga coas flores ó sereo, e se as rapazas saltan a fogueira é mais para amosar a súa forma atlética que para saber a data do casamento… Á luz do lume, entre o bulidoiro xolgorio das xentes, ledas e festexeiras, haberá un anaco para a nostalxia porque “¿Quén pode esquecer de vello / os seus tempos de rapaz? /¿Quén pode esquecer a noite, / a noitiña de San Xoan / co seu séquito de bruxas, / fogueiras, baños de mar / augas de rosas, parranda, bailes e aínda mais? ….


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



