Os clasificados da conferencia NorLeste partían o domingo 31 de maio da estación de buses de Ribadeo, cara a terra do noso Santo Patrón para disputar as finais nacionais ante as outras conferencias da LNB. Entrados en Santiago, tiramos cara ó monte Gaiás e inmediatamente tomamos posesión como nova conquista da serpe multicolor da Cidade da Cultura.
Tempo fresquiño pola mañá que foi paseniño convidando a ir espíndose de roupa e, aínda que non vimos o sol en toda a xornada, os espesos e grises nubeiros que desafiantes nos ollaban dende o ceo, permitiron que o xogo chegara a rematar en seco.
Comezamos, pois, coa disputa simultánea das finais infantís e de donas. En infantíl non levamos representación e poidemos gozar vendo as evolucións duns verdadeiros fenómenos da billarda que nos permiten mirar ó futuro con ilusión. Adrián, Juanma e Adriana foron, por esta orde, os mellores.
En donas, participamos con dúas valentes que deron o mellor de sí nun terreo de pedra e baldosa que xogou algunha mala pasada. As dúas pasaron de grupo e xa nas eliminatorias, Bea (Troitas Bravas) tivo contra as cordas a Begoña que, nembargantes, fixo gala da veteranía e acabou gañando.
Geni (Billardeiros Musicais) chegou a semifinais onde se atopou tamén con Begoña. Dúas campioas fronte a fronte por un posto na final. A mariñá tivo na man por dúas veces o pase, pero a sorte volveulle as costas e fixo que errara o tiro que puido ser definitivo. Quedou fóra do podio. Xogaron a final Lu, Begoña e Helena, quedando clasificadas nesta mesma orde.
Finais por equipos
10 equipos participantes con 6 xogadores por equipo. 6 grupos de 10 palanadores a 3 carreiras. A suma dos puntos acadados polos xogadores de cada equipo daban a clasificación final. Empate para o primeiro posto entre Billardeiros Musicais de Ribadeo e máis Gharaboto de Marín. Terceiros foron o equipo Carabullos de Teixo da Pastoriza.
Resólvese o empate cun enfrontamento dobre entre os dous mellor clasificados de cada equipo. Loita a cara de can. Primeira carreira para Lois Pirucha e Luis Camiña de Marín, segunda para Markytos e Daniel de Ribadeo. Unha rolda máis. Carreira para un, carreira para outro. Derradeiro enfrontamento, primeira carreira Pirucha – Daniel queda en empate, segunda carreira Markytos – Luis Camiña, o bicampión imponse ó de Marín e dalle o título de Campiòns Nacionais ós Billardeiros Musicais.
Tras unha parada para repoñer forzas, con gaitada incluida, volta á competición. Comeza o campionato de varados. Cinco tiros por palanador sen ningún acerto. Nova rolda acortando uns metros a distancia ó varal. Desta sí que houbo dianas. Luis Camiña acadou 2 varados que lle deron o primeiro posto, houbo que facer unha rolda de desempate entre os que conseguiron un varado, resultando Salva segundo e Ricar terceiro.
Título de Coroceiro Nacional 2015
64 participantes en 8 grupos de 8 cos primeiros e segundos de cada conferencia como cabezas de serie. 3 carreiras e 32 quedan fóra pasando os restantes ás eliminatorias. Van acurtándose as posibilidades ata chegar a unha semifinal mariñá (con Regueiro e Manolo Pozo) e outra das Rías Baixas (Ricar e Lois Pirucha).
Finalistas Regueiro e Ricar, quedando a terceira praza entre Luis Pirucha e Manolo Pozo. Nesta ocasión foron os das Rías Baixas os que saíron gañando. Ricar de Corredoiras foi o grande protagonista destas finais, que por riba tamén se encargou de facer os trofeos e, polo visto, non quixo dalos todos e quedouse coa mostra.
Campión Absoluto e Coroceiro Nacional: Ricar de Corredoiras de Bueu. Segundo: Regueiro de Troitas Bravas. Terceiro: Luis Pirucha de Gharabotos.
Campión de varados: Luis Camiña de Gharabotos de Marín. Segundo: Salva de Corredoiras. Terceiro: Ricar de Corredoiras.
Campioa: Lu de Corredoiras de Bueu. Segunda: Begoña de Corredoiras. Terceira: Helena de Gharaboto.
Campión de equipos: Billardeiros Musicais de Ribadeo. Segundo: Gharaboto de Marín. Terceiro: Carabullo de Teixo da Pastoriza.
Campión infantil: Adrián de Gharabotos de Marín. Segundo: Juanma de Lúa de Forza de SanXenxo. Terceira: Adriana de Valpaços de Vigo.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
