Ribadeo, 18 de xuño de 2015.- Os socialistas de Ribadeo apoiaron só o primeiro punto do manifesto “As Catedrais, unha oportunidade para o desenvolvemento sustentable”, a través do que se solicita á Xunta de Galicia a suspensión inmediata dos efectos do Plan de Conservación deste Monumento Natural, no tocante as medidas previstas a implantar desde o 1 de xullo de 2015 en tanto non exista o consenso necesario entre as administración públicas implicadas. Deste xeito, tal e como explica o concelleiro –David Fernández Feijoo-, abstivéronse, xa que os dous puntos non se votaraon por separado, pois “entendemos que o primordial é a seguridade das persoas que visitan o Monumento, a preservación e conservación do mesmo e o beneficio económico que se poida acadar para os diferentes sectores do noso concello, en especial o terciario”.
“Apoiamos o primeiro punto, facendo fincapé no sistema de reserva de entradas anticipadas xa que non é un procedemento loxisticamente perfeccionado e pode acarrear problemas importantes e disuadir aos visitantes a achegarse ao mesmo”. No obstante, tamén puntualiza “non estar de acordo co segundo punto de xulgalizar”.
Deste xeito, os socialistas avogan polo diálogo construtivo entre administracións, instando a ambas partes á deliberación para acadar unha solución canto antes dada a data a inminente chegada de visitas, “xa que un procedemento de impugnación será moi lento e o dano xa estará feito”, puntualiza Fernández Feijoo.
Por outra banda, e dado que por parte do Partido Popular tamén se comprometeron a facer unha reunión co Goberno galego e todos os representantes dos partidos que compoñen a corporación de Ribadeo, denuncia que o alcalde “non conteste ás chamadas realizadas ao longo do día, e que este se excuse en que tivo que apagar o teléfono porque, cito tamén textualmente, perséguenme os medios; algo que consideramos inaceptable, xa que unha persoa con este cargo non debera incomunicarse, sobre todo, cando foi el mesmo o que gravou vídeos no lugar, pedindo solucións a Xunta a través das redes socias.
As solucións non son axeitadas
Por todo elo, consideran que este tema se está a converter “nunha guerra política, escenificada fai uns días na presentación do plan no bar das Catedrais, no que o único que se ve prexudicado é a imaxe do pobo e do Monumento polos veciños e debemos cubrir as súas necesidades, así como dar exemplo afastándonos de liortas, berros e desplantes, e traballar en busca do ben común mediante consenso, polo cual avogamos”, conclúe.