Os socialistas acusan ao PP de “comer o remanente de tesourería en gasto corrente” mentres as grandes necesidades do municipio seguen sen atender
Xove, 18 de xuño de 2025. O PSdeG-PSOE de Xove manifesta a súa preocupación pola evolución económica do Concello tras analizar os datos presentados no último pleno ordinario. Durante a sesión aprobouse o peche da conta xeral de 2024, co voto en contra do PSdeG, xa que reflicte un gasto moi por enriba do previsto e un importante desequilibrio entre ingresos e gastos, así como unha nova modificación de crédito con cargo ao remanente de tesourería.
Os socialistas consideran que esta dinámica de xestión baseada no uso continuado do remanente para afrontar gasto corrente, compromete a sustentabilidade financeira do Concello e dificulta a resposta ás necesidades estruturais do municipio. Desde o grupo municipal advirten que, de continuar nesta liña, Xove corre o risco de esgotar os seus aforros sen acometer investimentos clave en materias como urbanismo, vivenda, servizos básicos ou infraestruturas.
Un déficit de máis de 5 millóns cuberto con aforros municipais
Segundo se expuxo no pleno, o orzamento de 2024 pechouse cun gasto contable de 9.970.722€ fronte aos 8.300.000€ inicialmente previstos, un incremento de máis de 1,6 millóns de euros. A recadación real quedou en 4.954.206€, o que supón un déficit de 5.016.516€, cuberto integramente co remanente de tesourería.
“Este goberno está gastando sen ton nin son. Sabía que non ía cumprir cos ingresos previstos, pero aínda así seguiu disparando o gasto corrente mentres Xove segue á espera de solucións reais en urbanismo, vivenda, porto de Morás, polígono industrial ou saneamentos”, denunciaron os socialistas
“Desde o comezo do mandato, o Concello pasou de ter un remanente de preto de 19 millóns a 11 millóns de euros ao peche de 2024”, subliñan.
Máis gasto improdutivo e sen planificación
O pleno tamén aprobou una nova modificación de crédito por importe de 490.200€, novamente con cargo ao remanente. “Seguimos na mesma dinámica: tirar do aforro para remendar avarías, facer chapuzas e pagar favores. Non hai planificación nin visión a longo prazo”, criticou o grupo socialista.
Un dos exemplos máis evidente é o estado da traída das augas, que cualifican de “terceiromundista”. “Hai un informe técnico, solicitado polo noso grupo, que alerta da obsolescencia total do sistema de recollida, transporte e tratamento de auga. Leva 18 anos sen actualizarse e o investimento necesario ronda os 1,3 millóns, pero o PP prefire seguir gastando en parches”, engaden.
“Non seremos cómplices deste despropósito económico”
Con estes argumentos o PSdeG-PSOE de Xove votou en contra da conta xeral e da modificación de crédito, ao entender que “esta deriva pode deixar o remanente a cero antes de rematar o mandato, mentres os servizos públicos seguen deteriorándose”.
Apoio ao servizo Concilia
A iniciativa que contou co respaldo dos socialistas foi a mellora e ampliación do servizo de Xove Concilia. “Sempre estaremos a favor de reforzar os servizos que facilitan a conciliación das familias, porque sabemos que toda mellora neste ámbito é un investimento no benestar da veciñanza”, concluíron.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



