Xoves, 18 de xuño de 2015.- Os produtores de leite galegos, están a sufrir un verdadeiro pesadelo, que dificulta seriamente a viabilidade das súas explotacións. Por un lado os baixos prezos que reinan neste sector nos últimos tempos, chegando nalgúns casos a baixar dos 20 centimos de euro, e por outra banda toda unha serie de prácticas protagonizadas polas industrias que poñen en risco o futuro das explotacións leiteiras galegas.
Nos últimos dias estamos a observar como algún primeiro comprador está a anunciar que vai deixar de recoller importantes cantidades de leite na comarca Deza-Tabeirós, quedando os clientes desta industria nunha situación de indefensión total, sen saber moi ben a quen lle van entregar o leite a partir do dia 1 de Xullo, ou no peor dos casos se van conseguir que haxa algunha industria que se faga cargo deste leite. Non sabemos moi cales son as causas desta maniobra, pero dende logo o que está claro e que por parte da administración competente, neste caso a Consellería do Medio Rural, estase a mirar para outro lado sen saber realmente o que vai pasar a partir do 1 de Xullo con este leite. Situación esta que sempre pode ser aproveitada polo sector industrial, para aplicar novas baixadas, cando realmente con estes prezos a dia de hoxe a situación é insostibel.
Igualmente estamos a observar como a industria CAPSA(Corporación Alimentaria Peñasanta), está a comunicarlles os gandeiros que sobrepasan a produción de leite asignada nos contratos (incluida a marxe do 5% de admisibilidade), que poden ter consecuencias negativas, chegando a deixar de recorlle ese leite unha vez sobrepasado o volumen pactado no contrato . Dende FRUGA, non sabemos moi ben cal é a causa desta medida, xa que non hai razóns para presionar os productores de leite galegos, como consecuencia de sobrepasar unha cuota imposta de forma unilateral pola propia industria.
A Federación Rural Galega, manifestou en numerosas ocasións como a lei da selva está a reinar no séctor lácteo galego, vendo como os abusos por parte da industria son constantes no dia a dia, e ante esta situación observamos como as administracións competentes nen tan sequera son capaces de convocar os órganos interprofesionales que teñen a man. A deixadez de funcións por parte da administración está a favorecer de xeito claro as industrias, as cales están a comprar en Galiza o leite mais barato de todo o estado, e de toda europa a conta de afogar económicamente os gandeiros de leite galegos.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



