Santiago, 10 de xuño de 2015.- Portos de Galicia destina máis de 241.000 euros á mellora dos medios de amarre e defensas do peirao de Celeiro, en Viveiro. O presidente do Ente público, José Juan Durán, presentou este mércores pola mañá o proxecto durante a visita ao porto mariñán.
Esta instalación portuaria verá mellorada a súa seguridade e operatividade grazas á colocación de novos medios de amarre e defensas en varias zonas de atraque de embarcacións. Así, colocaranse morróns e defensas verticais de caucho e rosario atendendo ás recomendacións para as obras marítimas (ROM).
No marco destas actuacións está prevista a colocación de 12 defensas tipo vertical de caucho, que substituirán ás antigas no peirao comercial, así como 5 novos morróns de 75 Tn de carga en aceiro para atraques que faciliten a carga de minerais. Finalmente no peirao pesqueiro colocaranse outros 6 morróns de 50 Tn de carga, 13 defensas verticais e outras 6 de rosario.
Ademais, tamén se realizarán outras obras complementarias como é o repintado da cantoneira do peirao comercial e do pesqueiro, nun tramo de 535 metros lineais de peirao. Esta actuación reafirma o compromiso da Consellería do Medio Rural e do Mar, a través de Portos de Galicia, cun porto puxante e competitivo.























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



