Ribadeo, 3 de xuño de 2015. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, recolleu este mércores en Vigo as Q de calidade que recibiron as praias de As Catedrais e As Illas-Castros, nun acto presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e pola directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro. A Q de calidade, que concede o Instituto para la Calidad Turística Española, é un novo recoñecemento para os areais ribadenses.
O edil en funcións sinalou que “acabamos de recoller en Vigo o diploma de recoñecemento da Q de calidade turística das praias de As Catedrais e As Illas-Castros. O obxectivo é dar unha maior visibilidade ao sector turístico”.
Horacio Cupeiro subliñou que “os nosos areais son un referente nacional tanto desde o punto de vista medio ambiental como turístico, tal e como acredita este diploma. Debemos seguir loitando por un turismo sostible, onde visitantes e nativos nos poidamos encontrar a gusto”. Os areais ribadenses contan con esta distinción desde o ano 2009.
O concelleiro de Medio Ambiente dixo que “as esixencias da Q de calidade son enormes, pero é unha garantía para o cidadán sexa de Ribadeo ou de fora de aquí. Debemos seguir loitando para que moitos establecementos de Ribadeo conten coa Q de calidade”.
Tamén recolleu en Vigo a Q de calidade que recibiu o Real Club Náutico de Ribadeo o seu presidente, Ramón Acuña. Cupeiro felicita ao RCNR por esta distinción.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



