Lugo, 4 de xullo de 2015.- A Deputación de Lugo festexa que a Real Academia Galega aprobase este sábado dedicar o Día das Letras Galegas en 2016 a Manuel María e prepara a homenaxe que o Ente Provincial lle renderá ao poeta o vindeiro ano.
A presidenta salienta o labor do poeta de Outeiro de Rei a prol da nosa lingua e cultura propias dentro do mundo editorial, concretamente a través da colección Xistral.
Elena Candia pon en valor a súa obra poética e destaca a súa creación a outros xéneros como a narrativa, o teatro e mais o ensaio. “A súa será sempre unha creación literaria fortemente vinculada ás conviccións políticas que defendeu”.- concluíu.