Lugo, 17 de xullo de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, deu conta este venres dos asuntos tratados na primeira Xunta de Goberno, dos que destacou a materialización dos compromisos asumidos en materia de benestar, e que benefician a máis de 3.000 lucenses.
En concreto, na Xunta de Goberno deste venres aprobouse o incremento de crédito por un importe de 500.000 euros, para o procedemento de concorrencia competitiva dirixido a financiar o Servizo de Axuda no Fogar, de tal xeito que a partida prevista para 2015 pasa dos 700.000 euros contemplados co bipartito ata os 1,2 millóns de euros.
Isto suporá unha duplicación do financiamento do Servizo de Axuda no Fogar con respecto ao que destinaba o goberno anterior a comezos do último mandato, explicou a presidenta da Deputación, quen engadiu que buscan “resolver na maior brevidade posible as solicitudes presentadas e para iso, este paso era previo e, polo tanto, necesario”.
A Xunta de Goberno deste venres tamén fixo o encargo de elaboración da addenda dos convenios de teleasistencia, para poder asinalos na próxima semana cos concellos e deste xeito e dende a Deputación de Lugo financiar integramente o custe do servizo de teleasistencia domiciliaria, que se presta nos fogares da provincia. Ata agora as administracións locais asumían o 50% do servizo.
A Xunta de Goberno deste venres tamén adxudicou a obra de acondicionamento da C.P. LU-P-2204 “De Momán á das Pontes a Porto Souto”, dentro do Plan de Obras e Servizos; así como a prórroga de diferentes convenios que estaban en execución.
Elena Candia puxo en evidencia o normal funcionamento da institución provincial e agradeceu o traballo dos funcionarios da Deputación, que de xeito “responsable e comprometido están a colaborar con nos para que todos os procesos iniciados non se interrompan, nin se ralenticen”.
Sector primario
A presidenta da Deputación tamén se sumou á preocupación “dun dos sectores máis importantes da nosa provincia, eminentemente rural e dende esta institución, coas competencias e limitacións que ten, trasladamos o noso total apoio e dispoñibilidade, como así entendemos tamén que o hai por parte da conselleira. Estamos á disposición dos gandeiros para o que podamos ser de utilidade e entendemos que ata que non se acade un resultado é evidente que todo o traballo é pouco”.























Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



