Mércores, 15 de xullo de 2015.- A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Mari Teijeiro, acompañada polo Deputado delegado da área de Turismo, Patrimonio, Artesanía e Deseño, Juan Carlos Armesto, presidiu este mércores a recepción aos nenos afectados pola radiación de Chernóbil que pasarán o verán na provincia.
No acto oficial, no que tamén participaron os representantes da Asociación Ledicia Cativa, Mari Teijeiro puxo en valor “a necesaria solidariedade e a altura de miras” das familias luguesas que acollerán aos doce nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 7 e os 16 anos e dos que a maioría (9 deles) se quedarán na capital da provincia.
“Un ano máis, a sociedade luguesa volve dar mostra da súa xenerosidade diante dunha catástrofe nuclear acontecida a tantos quilómetros”, asegurou a vicepresidenta da Deputación, quen explicou que os menores proceden da localidade de Novozhybkov, na rexión de Brinsk, cuns niveis de contaminación radioactiva moi elevados.
De feito, os menores contan cun grao de radioactividade superior aos 15 curíes por quilómetro cadrado, o que é 30 veces superior ao limiar mínimo a partir do que o corpo humano é susceptible de desenvolver enfermidades derivadas de radiación.
Entre os obxectivos do programa atópanse, ademais da recuperación física e sanitaria destes menores afectados pola radiación de Chernóbil, promover o desenvolvemento de vínculos afectivos e culturais e o desenvolvemento integral dos nenos e nenas en valores familiares e sociais. “É un proxecto no que gañan as dúas partes, polo que a Deputación de Lugo seguirá colaborando financieiramente con estas iniciativas de estímulo á solidariedade da provincia”, comprometeuse Teijeiro, para quen é “esencial” a consolidación destes programas.
A vicepresidenta da Deputación de Lugo destacou que “o feito de que a maioría dos nenos e nenas repitan demostra a conveniencia e a oportunidade deste tipo de proxectos solidarios” e insistiu en que “tanto as familias que acolleron aos nenos saharauis aos que onte recibimos como os que o fan cos nenos de Chernóbil constitúen unha excelente carta de presentación da solidariedade, a xenerosidade e a humanidade que caracterizan á sociedade lucense”.
Ademais, a Área de Turismo da Deputación de Lugo ofrecerá aos menores e ás familias un percorrido en catamarán polos Canóns do Sil. A viaxe, no catamarán Mencía, realizarase este sábado, ás 11.30 horas, e durará preto de dúas horas, durante o cal irán acompañados por uns guías que lles mostrarán todos os valores naturais e culturais da zona.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



