Lugo, 15 de xullo de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, mantivo na tarde deste mércores unha reunión de traballo con representantes das confrarías de pescadores da Mariña. “Con esta reunión iniciamos a rolda de contactos que queremos manter co sector pesqueiro para coñecer de primeira man as súas necesidades e ir asentando as bases para sacar adiante, dentro das nosas posibilidades, novas liñas de colaboración”.
Na reunión de traballo celebrada no Museo do Mar de San Cibrao, participaron representantes dos pósitos de Ribadeo, Foz, Burela, San Cibrao, Celeiro e Vicedo; ademais de estar presentes o presidente e o secretario da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores, José Basilio Otero; e Sergio López, respectivamente. Tamén estivo presente o deputado provincial responsable da área delegada de Pesca, José Demetrio Salgueiro; así como o secretario do Parlamento e voceiro de Mar, José Manuel Balseiro.
A presidenta provincial fixo fincapé na necesidade de mellorar o compromiso da administración lucense cun sector de gran importancia na provincia cuxa facturación, por exemplo, nas lonxas da Mariña se incrementou ata nun 11% o primeiro semestre deste ano e que comercializou, neste mesmo período, máis de 20,5 toneladas de peixe e marisco fresco por un importe de 54,8 millóns de euros. “É moi destacable o peso deste sector e son moitas as familias que viven directa ou indirectamente do mundo do mar na provincia de Lugo”, matizou a popular.
“Dende a oposición defendemos iniciativas a través das que solicitabamos melloras na colaboración e nas relacións cos traballadores deste sector e agora, dende o goberno, queremos sacar adiante este compromiso de maior implicación cos profesionais do mar, tendo en conta, a maiores, que nesta comarca cóntase con dous dos principais portos pesqueiros do cantábrico, ademais de pervivir agrupacións de marisqueo, así como innumerables firmas de transformación e comercialización”, asegurou Candia.
Folla de ruta
A reunión mantida este mércores entre a presidenta provincial e os representantes das confrarías, é a primeira das previstas dentro da folla de ruta deseñada polo novo goberno provincial para traballar conxuntamente con este sector e dentro da que se prevén outra serie de xuntanzas con entidades vinculadas co mar. Entre outras, a Deputación de Lugo programa reunirse con ABSA (Armadores de Burela), coa Organización de Produtores Pesqueiros (OPP-Lugo) e co Porto de Celeiro.
Polo tanto, este é o segundo paso dado dentro nas medidas tomadas dende a Deputación de Lugo cos profesionais do mar. É necesario lembrar que Elena Candia xa creou unha área delegada de Pesca, cuxo responsable é o deputado José Demetrio Salgueiro.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



