O Vicedo, 22 de xullo de 2015.- O BNG Asembleas Abertas do Vicedo acordou dúas cuestións: Por unha banda, acordou presentar unha moción para solicitar a creación do servizo de bus nocturno Noitebús, moción que foi presentada na mañá deste mércores, e iniciar unha recollida de sinaturas para a posta en funcionamento dun centro de día na antiga Casa do Mar.
Noitebús
O PP decidiu prescindir do servizo de Noitebús fai uns anos, malia que, coa súa existencia, aumentou a seguridade viaria e se reduciu a siniestralidade. O Noitebús tiña moi boa acollida na mocidade galega e, en concreto, na mocidade vicedense, que o utilizaba para desprazarse a Viveiro nos fins de semana.
A día de hoxe, o concello do Vicedo carece, prácticamente, de transporte público. Resulta imposible ir a Lugo e o único xeito de chegar a Ferrol é utilizando o FEVE.
Desde o BNG Asembleas Abertas do Vicedo, cremos firmemente na necesidade de que exista un servizo de Noitebús no noso concello. É por iso que sometemos a debate e aprobación polo Pleno dunha moción propoñendo que o concello subvencione unha parte do servizo Solicitamos tamén que se teña en conta esta cuestión para a elaboración dos futuros orzamentos.
Centro de día
A Xunta de Galicia incumpriu a súa promesa de construir centros de día naqueles concellos de máis de 1.500 habitantes. O Concello do Vicedo tiña, supostamente, concedidos 300.000 euros do orzamento da Xunta para financiar a adaptación do edificio da Casa do Mar para Centro de Día.
Desde o BNG Asembleas Abertas do Vicedo, entendemos que é necesario que exista un centro de día por varios motivos. Un tercio da poboación do Vicedo é maior de 65 anos, franxa de idade moi susceptible de sufrir situacións de dependencia. Asemade, O Vicedo conta cun espazo desocupado como a Casa do Mar, local que xa foi declaradeo idóneo para habilitar un centro de día polos técnicos da Xunta fai un tempo.
Coa creación do centro de día crearíanse postos de traballo no concello e melloraríase a calidade de vida dos maiores, así como a vida dos seus familiares.
O BNG do Vicedo comprometese a presentar estas sinaturas no Concello do Vicedo como medida de apoio á moción que presentaran nuns meses.


















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



