Este pasado venres, seguindo ca teima de querernos sumisos, “os traballadores non están para pensar” que para iso xa hai cargos que conlevan esa sabiduría, Vestas de Viveiro despide a un traballador, por ter opinado sobre certas normas que a empresa pretende fixar en Viveiro.
Dende o pasado 1 de xullo, logo da fusión de VESTAS SPARE PARTS REPAIR SPAIN, .S.L.; VESTAS NACELLES SPAIN, S.A.U.; e VESTAS BLADES SPAIN, S.L., pasamos a esta última VESTAS BLADES.
Para facer honra á nova denominación, a tradución de blades perfectamente se traduce por “espada ou cuchilla”, seguen pasando a cuchilla. O da Lei Mordaza quédaselles pequena. Había promesas de máis dialogo coa parte social, así é como o entenden eles, e aínda que a filosofía de VESTAS GROUP sería a de promover liderazgos, o que ampara é a ditadores.
Dende o Comité non podemos estar máis en contra de este tipo de actitudes represivas, e intimidatorias. Desde esta parte, suxeririámoslle ó Director de que non sexa prisioneiro dos lazos de sangue, e que teña canles abertos para que flúa a comunicación, horizontal e verticalmente, e así optimizar os recursos humanos.