Ribadeo, 10 de agosto de 2015. Durante a pasada fin de semana celebráronse catro regatas incluídas no programa da 25ª Semana Náutica Ría de Ribadeo, probas que contaron coa participación de embarcacións locais e ademais de Foz, Figueras e Castropol. Este feito foi destacado polo presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña.
O sábado disputouse o II Trofeo Seat-Talleres Armando de escolas de verán de optimist, que contou con 15 participantes e no que resultou vencedor Álvaro Bemm, do Náutico ribadense. Sobre esta proba, Ramón Acuña comentou que “la concurrencia de regatistas desbordó un poco las previsiones realizadas, encontrándonos con una afluencia de 15 embarcaciones de los clubes de Ribadeo y Foz, que lucharon para terminar las pruebas casi a las tres de la tarde en una reñida competición”.
Tamén o sábado se celebrou o XVII Trofeo Paradores de vela tradicional no que participaron 13 lanchas e a gañadora foi Vento, de Ribadeo. “Se disfrutó de una tarde de inmejorable navegación en la que los participantes agradecieron las buenas condiciones, porque el viento fue constante y la marea no impidió realizar una regata rápida y divertida”, comentó el presidente del Náutico ribadense, quien destacó que en esa regata “participaron botes de vela latina de las localidades vecinas de Figueras y Castropol, volviendo de este modo a tener una relación cordial con los regatistas de nuestro entorno, que nunca se debió perder”. Tamén resaltou “la satisfacción que nos produce el que tanto el segundo, como el tercer clasificado fueron embarcaciones de nuestras localidades vecinas, a cuyos regatistas queremos agradecerles su participación”.
En canto á xornada do domingo, na que se celebrou o XVII Trofeo da Escola Municipal de Vela Lixeira, no que houbo 8 participantes e gañou Ignacio Bemm; “fue una prueba que se disputó en una mañana soleada y con poco viento”, segundo explicou Ramón Acuña. Con todo na regata celebrada pola tarde, o XVII Trofeo Deputación Provincial de Lugo de vela tradicional, “la meteorología fue adversa, hubo varias retiradas e incluso un vuelco, por mor del fuerte viento reinante a esas horas con rachas de nordeste, que hizo una navegación un tanto complicada para los participantes”, comentou Acuña. Houbo 9 participantes, pero tres tiveron que retirarse e outros dous quedaron sen contabilizar. Ademais rexistrouse unha protesta do patrón do Trasno contra o do Terral, que será discutida na próxima reunión de patróns.
As regatas da 25ª Semana Náutica Ría de Ribadeo continúan este luns, ás 17.00 horas, co XXV Trofeo Concello de Ribadeo de vela tradicional; o martes, tamén ás 17.00 horas, disputarase o V Trofeo Abanca de cruceiro local; e para o mércores, día 12, está programado o IV Trofeo Semana Náutica de cruceiro local. Ademais, o xoves 13 a partir das 14.00 horas celebrarase unha zalea ata o muíño de As Aceas e os actos concluirán o sábado 15 ás 20.00 horas coa entrega de trofeos.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
