Lugo, 27 de agosto de 2015.- O salón de actos da Deputación de Lugo acolleu este xoves a presentación do Festival Osa do Mar, na que participou a vicepresidenta da institución Mari Teijeiro, e durante a que resaltou a transcendencia deste tipo de iniciativas tanto a nivel cultural como dende o punto de vista de promoción turística e económica dunha comarca.
O festival Osa do Mar terá lugar a fin de semana do 4 e 5 de setembro na zona da praia da Marosa de Burela e a Deputación de Lugo colabora para sufragar gastos do proxectos como a través da súa difusión. Teijeiro cualificou esta colaboración coma “unha aposta clara do goberno provincial pola dinamización cultural e xuvenil da provincia”.
Mari Teijeiro agradeceu á Asociación Fanto Fantini o desenvolvemento deste festival de música que, segundo engadiu a vicepresidenta, se está a converter nun referente cultural e que atraeu na pasada edición a máis de 2.000 persoas ao recinto de Osa do Mar, favorecendo así a promoción turística e económica da zona.
A vicepresidenta da institución considerou necesaria a implicación da Deputación de Lugo e das institución públicas con este tipo de actividades e explicou que a divulgación se realizará tamén a través da Fundación TIC, que se encargará da elaboración dun vídeo que recolle imaxes das actividades e actuacións desta edición e que se converterá nunha fonte de promoción.
Por último, ademais de defender o carácter transversal desta iniciativa dado a súa importancia tanto a nivel de dinamización cultural como de repercusión económica e turística; a vicepresidenta tamén evidenciou que a organización deste tipo de citas fomentan o asociacionismo e a colaboración entre entidades implicando a un maior número de persoas e conseguen que os proxectos sexan cooperativos.
Programación
No acto de presentación participaron dous representantes da Asociación Fanto Fantini, Marcos Reimunde e Diego Campo, que deron a coñecer a historia do Festival Osa do Mar, así como o contido do programa para este ano, tanto as súas actividades como concertos.
Dende a asociación explicaron que o esquema inicial do programa será moi parecido “á exitosa fórmula do ano pasado. Trátase dunha oferta cultural e música innovadora sendo a plataforma para máis de 20 bandas, con música alternativa como fío condutor, chegadas tanto de Galicia como doutros puntos de España”. A maiores, a programación tamén inclúe actividades deportivas e culturais de interese que involucran a moitos públicos e asociacións.
Para máis información sobre as bandas, programa, actividades…pódese consultar a web oficial www.osadomar.com ou a páxina de facebook ‘Osa do Mar’. Do mesmo xeito, nestas plataformas recóllese a información sobre a venda das entradas.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



