Luns, 10 de agosto de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, adiantou este luns que dende a administración provincial están a estudar a apertura de liñas de axuda a persoas con discapacidade e perceptoras de pensións non contributivas.
Candia adiantou esta proposta que, posiblemente se desenvolverá a través dun bono social, e se dirixirá a atender ás necesidades prioritarias de persoas con dificultades para traballar por problemas de saúde. A presidenta provincial engade que a través desta iniciativa se teñen en conta a beneficiarios imposibilitados para traballar ou con dificultades para atopar emprego e que, a maiores, teñen acreditada a súa falta de ingresos.
Candia deu estas declaracións tras a visita que esta mañá fixo ás instalacións que a Fundación de Dano Cerebral (FUDACE) ten en Castro Ribeiras de Lea, onde a presidenta destacou que o compromiso cos máis necesitados, xunto á cooperación cos concellos, é unha das prioridades do novo goberno.
Visita instalacións de FUDACE
De igual maneira, a presidenta da Deputación de Lugo reafirmou este luns o compromiso da institución coa Fundación de Dano Cerebral para axudar a mellorar e incrementar os servizos que presta e, neste senso, trasladou a total dispoñibilidade do ente provincial para continuar a involucrarse co proxecto que está a desenvolver FUDACE.
A presidenta lembrou que a institución provincial está a colaborar co proxecto da Fundación de Dano Cerebral para deixar o complexo nas mellores condicións posibles a través dunha subvención de 100.000 euros, concedida neste ano, para os custes da instalación dun novo sistema de autoxeración de enerxía eléctrica.
“Quixen visitar este centro para coñecer de primeira man o funcionamento da Fundación, que froito do seu traballo e compromiso conta hoxe cun complexo asistencial para estas persoas, con 16 camas de residentes que atenden ao usuarios os 365 días do ano e cunhas instalacións que reúnen unha condicións destacables e nas que se está a traballar”, matizou.
Polo tanto, durante a reunión Elena Candia trasladoulle ao presidente de FUDACE, Luís Abelleira, o compromiso do novo equipo de goberno para continuar a involucrarse con este proxecto e, polo tanto, emprazáronse a estudar novas liñas de colaboración.
O benestar, unha prioridade
O novo equipo de goberno da Deputación de Lugo centra o benestar, xunto á cooperación cos concellos, como unha das súas prioridades á hora de xestionar os fondos provinciais. Así, entre as primeiras medidas que está a asumir o executivo provincial toman especial protagonismo as vinculadas coa atención aos máis necesitados.
Neste senso, a presidenta da institución lembrou o incremento en medio millón de euros da achega que se destina ao Servizo de Axuda no Fogar ou que a Deputación cubrirá o custo total do Servizo de Teleasistencia Domiciliaria.
A maiores, Elena Candia tamén referenciou que dende a Área de Benestar se están a manter reunións coas asociacións co obxecto de favorecer o acceso e a participación dos colectivos sociais nas axudas públicas.
E por último, a presidenta provincial anuncia que se está a traballar no deseño dunha liña de axudas que beneficiará a persoas con discapacidade e que se atopen nunha situación de dificultade económica.




















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



