Burela, 10 de agosto de 2015.- Dende terras levantinas, Andrea Carla Marín Onteniente recala na Mariña. O CD Burela FS Pescados Rubén será a primeira experiencia da porteira murciana lonxe da súa terra. “É un gran cambio, pero merece a pena; a miña carreira necesitábao e creo que Burela é o sitio adecuado, un lugar onde evolucionar deportiva e persoalmente”, explicaba a nova 13 laranxa, arroupada na súa presentación oficial polo presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez. “É unha porteira con proxección de futuro, pero tamén cun gran presente, con tan só 23 anos; aportará ilusión e fortaleza ao equipo”, coincidiron en salientar os dirixentes burelistas da incorporación procedente do Jimbee Roldán FSF.
“Atopeime cun grupo xenial; o recibimento foi moi acolledor, cun excelente trato no Mesón O Poeta” valoraba así Andrea as súas primeiras impresións no seu novo equipo, facendo referencia tamén ás súas inquedanzas deportivas para o novo exercicio, nunha posición sempre moi rifada: “Creo na competencia sa. Veño aprender e a loitar polo ben do grupo. Aspiro a todo co Burela FS; teremos a Supercopa como primeiro reto, competiremos pola liga e teño moitas ganas de vivir a miña primeira experiencia na Copa de España”, repasaba a gardameta, encomiando ademais a resposta da bancada laranxa: “Vin xogar a Vista Alegre tres veces como rival; desde o primeiro partido vin o encanto da afección. Como a de Roldán, é unha afección moi próxima, un grande apoio para que os obxectivos se sintan máis preto”.





















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
