Para este sábado 22 de agosto a asociación Nordés, e dentro das V Xornadas “Memoria dun tempo”, propón dous temas en puntos distintos da xeografía mañonesa.
Así, pola mañá terá lugar unha camiñata pola zona de Ambosores, parroquia que é encrucillada de camiños e de Concellos, pois divídese entre os de As Pontes, Mañón, Muras e Ourol.
A devandita camiñata ten coma obxectivo coñecer “in situ” os feitos que tiveron lugar no ano 1948 nese lugar, e que supuxeron a morte de dúas persoas. Bernardo Penabade, mestre e investigador, entre outras cousas, será o conductor do roteiro ó ser ó mesmo tempo a persoa que leva investigando máis tempo este asunto que agora sae á luz co nome de “O crime de Ambosores”
Quenes queiran asistir terán que estar o día indicado ás 11 da mañá no local da asociación Gran Sor, en As Grañas, á beira da igrexa de San Mamede, pois dalí sairase en coches para achegarse ó lugar de Ambosores para seguir camiñando ata a Ribeira da Señora, sitio preciso no que sucedeu a traxedia, a cal está relacionada coa loita que naqueles anos se mantiña polos montes de Galiza entre os guerrilleiros republicanos e libertarios e as forzas franquistas. Aconsellamos levar calzado e roupa apropiada para camiñar polo monte.
Para despois do roteiro está previsto un xantar de amizade en Casa Urbano ó prezo de 15 € e para o cal é preciso reservar chamando ó 653 756 454 (Ricardo).
Xa pola tarde, a iso das 20.00 horas, e no salón de actos da Casa do Concello de Mañón, será o momento de pechar as V Xornadas da man de Aurora Marco (adxuntamos currículo abreviado ó final desta nota), Doutora en Filosofía e Letras, catedrática de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega da Universidade de Santiago xubilada, investigadora centrada principalmente no papel da muller na loita antifranquista e a recuperación da memoria histórica en femenino.
A súa ponencia desenvolverase baixo o título “Contra o silencio. Mulleres na guerrilla antifranquista galega”, e será complementada pola proxección do documental de Pablo Ces “As silenciadas” ( Premio Mestre Mateo 2012 ó mellor Documental; Premio “Memoria i Justicia Universal” no Festival Internacional de Cine de Derechos Humanos de Santa Coloma de Gramenet (2011); Premio “Popular runner up” no Festival internacional online Humanity Explored 2013), dando fin a estas V Xornadas que están tendo moi boa acollida e que terán, sen dúbida, continuación no 2016.






















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



