Os días 28 ao 30 do actual celébrase en Foz a V Festa Normanda, efeméride histórico-lendaria que entronca coa mais soada das tradicións populares da bisbarra.
En 1976- hai 40 anos- publicaba este cronista o seu primeiro libro, que era tamén o primeiro que se editaba sobre aquela igrexa: “Guía histórica e artística de San Martiño”. Cando nos afanábamos recopilando datos referidos á mesma, na vella biblioteca parroquial dimos cun vetusto documento que, extractado,dí: “,,, el más notable, al que el pueblo canonizó como Obispo Santo, fue un Gonzalo, cuya existencia se centra en el S.. IX, sin que se pueda precisar los años en los que gobernó la diócesis pues la información es debida a la tradición oral, sin documentar, lo que motivó que algunos dudaran de su existencia….” O Padre Flórez na súa “España Sagrada” refire tamén a personalidade deste Gonzalo, e en 1715 faino o bispo de Mondoñedo don Manuel Navarrete. En vello documento, medio carcomido polo paso do tempo, puidemos ler, referido á milagre das naves normandas: “… habiendo arribado a la costa del mar de Foz una numerosa armada de normandos que venían a robar las iglesias y habitantes y a extinguir la fe que profesaban , no fiando la defensa a las fuerzas humanas, se valió de las divinas y, desnudos los pies y con una cruz a cuestas ordenó una procesión….”, ata chegar ó alto da Grela, e dende alí implorou ó Noso Señor a sua intervención, que se consumou , “quedando todo el pueblo, y aún todo el reino, lleno de admiración por el prodigio…”.¿Pode darse por real este feito?. O cronista omite todo xuizo de valor, xa que de tratarse, como algúns din, dunha “ cuestión de fe “, e posto que ésta é algo personal e intransferible, cada quen que administre a súa….Para nós a hipotética polémica non ten interese e apuntàmonos á coñecida sentencia : “ …si non é vero e ben trovato” e pregúntamonos se, no seu caso, a imaxinación, o humor e o enxeño non son valores a ter en conta…: ¡disfrutemos deles!.. Cos nosos desexos dunha feliz celebración, lector amigo…



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



