Ribadeo, 26 de agosto de 2015.- Dúas mozas galegas de Ribadeo, con ganas dun futuro digno, decidiron tomar as rendas da súa vida profesional deixando de lado a crise. Natalia Moledo e Luzía Pérez embarcáronse na aventura de crear a súa propia marca de roupa: MandaRita. Ambas as dúas, formadas na prestixiosa escola de patronaje e deseño Goymar, na Coruña, recibiron clases dos mellores profesores de Galicia, traballaron en comercio e nos departamentos de deseño de grandes empresas galegas para conseguir os coñecementos e a experiencia para crear a súa propia firma.
Meses de traballo sen descanso, visitas a provedores para elixir os materiais, horas fronte ao ordenador facendo que os deseños sexan perfectos: “O esforzo económico e psicolóxico é moi grande. Hai que estar seguro do que se quere facer e da quen unirte, asegura Moledo que, dende que decidiron crear a empresa non pararon de traballar ata ver os primeiros froitos. “A acollida está a ser moi boa, xente de moitos lugares de España interesouse polas nosas pajaRitas e agora, coas camisetas e os suadoiros foi incrible, esgotáronsenos talles e modelos a primeira semana”, coméntanos Luzía satisfeita.
A frescura de MandaRita
“Son deseños orixinais. Queriamos algo de moda pero que fose máis alá”. Así definen ambas as dúas MandaRita. A marca nace da idea de satisfacer necesidades, de crear pezas únicas que a xente leva a diario pero dun xeito diferente, “todo o mundo leva suadoiros e camisetas, pero nós queriamos darlle unha volta, que o deseño e o noso selo fixesen que non sexan pezas de facer deporte, senón algo que che apeteza poñerte a diario” asegura Natalia.
Dende pinceladas mariñeiras ata iconas doutra época como Marisol e Joselito foron fonte de inspiración para a creación das pezas. A clave para elas é deseñar pezas que nós utilizariamos. Somos moi diferentes, Luzía é máis clásica e eu mais transgresora e iso fixo que a nosa colección guste a persoas moi diferentes”, comenta Natalia.
Dende Ribadeo para o mundo
Polo momento, non teñen tenda física xa que non queren centrarse na venda nun lugar concreto. Venden a través das redes sociais e moi pronto pola súa tenda online. Xa teñen pedidos de diferentes tendas multimarca de Galicia e España onde queren vender os seus deseños, pero é algo que non estará pechado ata finais de setembro coa colección de inverno.
Os deseños destas dúas mozas da Mariña conquistan corazóns por toda a xeografía española.




















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



