O escritor asturiano afincado en Burela Jose Díaz estará este venres 21 de agosto a partir das 19.30 horas na Feira do Libro de Foz asinando exemplares da segunda edición do seu primeiro libro Sesentaynueve, que sae á venda precisamente este venres tras terse esgotado hai dous meses a primeira. Ademais, o venres 28 deste mes sairá á venda o seu segundo libro, Ave María, que terá a súa primeira presentación na I Feira do Libro de Burela, o sábado 29 ás 13.30 horas, e que se porá á venda nas librarías o venres 28 ás 18.00 horas.























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



