Burela, 18 de agosto de 2015.- “Empezo un novo ano coas ganas que sempre teño neste club e querendo optar por todos os títulos. Estamos en débeda con Vista Alegre; é un ano para resarcirse. Creo que unha vez máis temos cadro para iso, con boas incorporacións” así de ilusionada se mostraba Maite, no seu quinto exercicio na Mariña. O presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, e o directivo Alberto Fernández destacaron a “garra e intensidade” da ala cacereña. “É unha xogadora á que xa consideramos da casa que co seu carácter fortalece o equipo” puntualizaba o presidente laranxa.
“Teño moita xente aquí á que quero e que me quere e por iso me apetecía seguir en Burela. Non sei qué será do meu futuro deportivo, pero o que tiña claro é que quería pasar un ano máis aquí co equipo, ademais de acabar os meus estudos de Hostalería” explicaba así Maite o seu apego a Burela, recoñecendo o grande ambiente con que regresou ao traballo o equipo: “Estamos moi animadas e motivadas, vimos coas pilas cargadas do verán. En Burela trabállase moito, sete sesións á semana, cun gran nivel de competitivade entre nós”.
Poio
O equipo de Lucas disputará mañá o seu primeiro envite da pretempada cun rival de liga con aires irmandiños. Será na pista do Poio FS Pescamar, ás 20.00 horas. “Xogar contra Poio sempre é un pracer, é un gran competidor, un equipo moi guerreiro” adiantaba a 17 laranxa, recoñecendo as ganas das mariñás por respirar a emoción dos partidos: “Xa levamos máis de dúas semanas adestrando nas que o grupo está funcionando moi ben, pero tamén xa tiñamos ganas de estrearnos nos amigables para romper coa monotonía dos adestramentos e empezar a poñernos en situación” concluíu Maite.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
