Burela, 24 de agosto de 2015.- O CD Burela FS Pescados Rubén será o anfitrión do I Torneo de Fútbol Sala …E para Comer, Lugo, o venres 28 e sábado 29 de agosto. Así o deron a coñecer este luns á mañá, na súa presentación, o presidente e o vicepresidente laranxas, Manuel Blanco e José Luis Sáez, na sede da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo na cidade amurallada, acompañados polo responsable da Área de Deportes da Deputación de Lugo, José Manuel Yanes, e o presidente da Apehl, Cheché Real, entre outros representantes da asociación hostaleira.
A bomboneira reunirá un luxoso cartel na rectal final de preparación do equipo de Daniel Ibañes para comezar nas mellores condicións a cuarta tempada laranxa na máxima categoría. “É un torneo de pretempada de máximo nivel, no que a afección poderá gozar do espectáculo de Primeira División antes de que comece a liga”, coincidían en resaltar Manuel Blanco e José Luis Sáez. Xunto ao cadro de Daniel Ibañes daranse cita dous rivais de Primeira División, Palma Futsal e Santiago Futsal, ademais do Cidade de Narón, de Segunda.
O primeiro prato enfrontará o Palma Futsal e o Santiago Futsal, o venres ás 18:00 horas. Ás 20:15 horas loitarán por un posto na final o CD Burela FS Pescados Rubén e o Cidade de Narón. O sábado volverá levantarse o pano ás 18:00 horas para dirimir forzas entre o terceiro e o cuarto clasificados; a gran cita polo título arrancará ás 20:15. Haberá entrada única para todo o torneo ao prezo 5 € para adultos e de 1 € para os menores de idade.
Con esta iniciativa a Apehl e o CD Burela FS Pescados Rubén unen os seus camiños no que os dous dirixentes, Cheché Real e Manuel Blanco, esperan que sexa “o primeiro paso dunha frutífera colaboración entre ambas as entidades para o apoio mutuo nos obxectivos de promoción de dúas das riquezas da provincia, a gastronomía e o fútbol sala”.
Burela FS Pescados Rubén 6-1 Noia Fútbol Sala
O cadro mariñán impúxose ao Noia Fútbol Sala o sábado na Fonsagrada por un claro 6-1. Daniel Ibañes volveu contar con todos os xogadores que están realizando a pretempada nunha cita que se resolveu con contundencia na segunda parte. Chino abriu o marcador no minuto 5, aínda que os coruñeses non baixaron os brazos e igualaron a contenda no 16, de Christian. Tras o descanso, o Burela FS Pescados Rubén non deu tregua na finalización con repartición goleadora de Hélder (minuto 24), Isi (27), Renato (32), Iago Míguez (34) e Chano (39).




















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
