Ribadeo, 11 de agosto de 2015. Os que queiran desfacerse de plásticos agrícolas poderán facelo os días 1, 2 e 3 de setembro grazas á campaña de recollida que realizará o Concello de Ribadeo.
Jorge Díaz Freije, concelleiro de Limpeza Viaria, Xestión de Residuos e Cemiterios sinalou que esta área “levará a cabo os días 1, 2 e 3 de setembro a recollida de plásticos agrícolas porta a porta. Este traballo será realizado pola empresa Sima S.L, xestor autorizado pola Xunta de Galicia. Co fin de garantir a recollida deberá solicitarse a mesma nas oficinas xerais do Concello ou no teléfono 982 128 650”.
O edil nacionalista engadiu que “o prazo para solicitar esa recollida estará aberto ata o 28. O Concello agradece que estean os plásticos preparados para pasar a buscalos eses días e rogamos que non se mesturen con outros residuos distintos para facilitar as tarefas de recollida”.
Baldeo de rúas
Por outra banda, a Concellaría de Limpeza Viaria está a efectuar estes días un baldeado xeral das rúas de Ribadeo coma en anos anteriores para mellorar a súa limpeza. “Pedimos perdón polas molestias que se poden ocasionar e agradecemos coma sempre a colaboración da cidadanía para un Ribadeo mellor e un Ribadeo máis limpo”, sinalou Díaz Freije.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



